Biotecnólogos resolven un crimen na Biblioteca de Portonovo




Obradoiro-contada onde cada participante creará a súa propia historia sobre o paradoiro da aviadora Amelia Earhart e coñecerá a vida desta muller adiantada ao seu tempo. Saberás os requisitos para pilotar unha avioneta e construirás o teu propio aparello a través da papiroflexia

Pakolas visitou a biblioteca “Ánxel Fole” de Nós o venres 6 de outubro, e estivo contándonos as peripecias de Ramona Órbita coa súa máquina do tempo.

Levounos a unha viaxe polo tempo desde a Prehistoria ao Renacemento , pasando polo Antigo Exipto…
Un percorrido pola historia da humanidade moi divertido e cheo de música e cancións, coas que nenas e nenos bailaron e cantaron sen parar.


Brais das Hortas, con contos, música e Clown, atrapa a pequenos e grandes con contos e cantos de creación propia, sorprende con contos diferentes, pero moi interesante e entretidos

Frumario un maxico bibliotecario que e moi especial, conbina poesía, música adiviñas e narracións, para divertir e animar os pequenos a descubrir a fantasía, misterio, humor e entretenimentos que temos nas Bibliotecas
Na tarde do venres, 6 de outubro, Pablo Diaz visitou a biblioteca de Mera ( Oleiros) para ofrecernos unha sesión rematadamente divertida e entretida.
Os contos e a música foron os protagonistas durante unha hora.
Moita maxia, divertimento e animación infantil, tivemos e Valadouro, coa actuación do Mago Paco. Con un patio de butacas ateigado con pais e moitísimos neno/as na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, o Mago Paco foi desenvolvendo sorprendentes trucos e interactuando con moitos cativos que colaboraron en escea, desatando as gargalladas de todos os presentes. Unha actuación que durou hora e media e fíxose realmente corta chea de animación, música e maxia divertida.
Quá agradecidos son os máis pequeniños que viron á biblioteca de Salceda de Caselas a pasar unha tarde estupenda con Raquel Galavís.
Contos combinados cos xogos de mans e cancións
Qué máis podemos pedir?
Os Nunkis pasaron por Salceda de Caselas e deixaronas historias de fantasía destas criaturas descoñecidas e invisibles ó ser humano
Os nenos/as escoitaron o conto e logo mergullaronse nun obradoiro onde expresaron o que levaban dentro.



Séguenos