A CICLOBIBLIOTECA EN TORDOIA

Carballo con botas achegouse ata Tordoia para facer as delicias dos/as nosos/as pequerrechos/as cos seus contos e a súa ciclobiblioteca.

Carballo con botas achegouse ata Tordoia para facer as delicias dos/as nosos/as pequerrechos/as cos seus contos e a súa ciclobiblioteca.
Día 25 de outubro de 2023 ás 10:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques
da man de Anxo Moure
o 25 de outubro, ás 10:30
Recibimos a un xacio moi especial, grazas ó cal soubemos que hai distintos tipos de embarcacións no noso río Miño (batuxo, barca da pousa, barca dos dornos e gamela)…

…tamén como se chaman os seres míticos que habitan as augas dos ríos en distintos sitios da península (xanas, donas d’aigua, lamias)…

…caemos ó chan da impresión dalgunhas cousas que nos contou…

…e rimos moito, moito…pero sobre todo, pasámolo xenial coas historias de amor á natureza, non só ós bosques, senón tamén ós animais e os seres míticos que nos ensinan a querela moito máis.

Non imos negar que o que máis nos gustou foi subir ós barquiños que nos trouxo para que navegara a nosa imaxinación!
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DA PASTORIZA(24/10/2023)
Coincidindo co día das bibliotecas organizamos un obradoiro creativo titulado ” a biblioteca ideal” para que os nenos conten a sua experencia na biblioteca.
Estas historias quedaran ilustradas en papeis de cores expostas nun libro en branco que servirá de base para unha exposición final.
Biblioteca Municipal da Pastoriza (16/10/2023)
A MAXIA DOS LIBROS (José Rivera)
Esta actividade ofrece un xeito lúdico e divertido do desenrrolo da memória e a creatividade dos nenos, coa vinculación á lectura como nexso e incidindo na estimulación do pensamento matemático e o pensamento critico.
Asocia as bibliotecas coa diversión e a maxia da lectura, non solo de xeiro individual e illado, senón compartindo con outros esta esperiencia, axudando a incrementar a autoestima dos nenos.
Celebramos o Día das Bibliotecas, cun obradoiro de Alouette Machine, isto é, Cris e Janba, para facer carteis e postais coa técnica da Tipografía. Ensinaron letras de madera, prensas de impresión, rolos, tintas, papeis que permitiron, ás persoas participantes, coñecer como se imprimían os libros no pasado e crear carteis e postais que poderon levar para as súas casas.

Día 24 de outubro de 2023 ás 13:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Cociñando historias
da man de Hugo, de Ludus Tempori
o 24 de outubro, ás 13:00 na biblioteca
Reunímonos ó redor da cociña de contos do cociñeiro Hugo, que nos deleitou con historias de igualdade, moitos dos cales podemos atopar na biblioteca:

Comezamos cunha versión dun clásico: Brancaneves e os 77 ananiños, e seguimos con outros moitos.

Moitos destes contos pódense atopar na selección de contos infantís de igualdade da biblioteca, e que podes consultar neste enlace.
Ó rematar
Día 24 de outubro de 2023 ás 11:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos Dada a trasna
da man de Patricia Martínez
o 24 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Recibimos á trasna Dada, quen ó principio tiña medo de entrar e interactuar cos nenos e nenas porque uns días antes un grupo lle tirara pedras para facerlle dano.

Unha vez tivo a certeza de que non lle ían facer dano, contounos cousas dela, coma que no verán vive ó lado dun río, e no inverno se instala na biblioteca, onde está ó quente e ademais se pode entreter facendo o que máis lle gusta: ler! A nós tamén nos gusta bastante, ou non?

Coas súas historias aprendemos a importancia do respecto á natureza, ós seus habitantes e ós demais.
Ademais díxonos que temos na biblioteca un montón de libros sobre a natureza e os seres que viven nela e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí algún dos libros sobre a natureza]
Día 24 de outubro de 2023 ás 10:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 10:00 na biblioteca
Reunímonos pais, nais e profesoras cos bebés na sala infantil da biblioteca ó redor de Patricia, que co seu Contacontos sensorial nos achegou ás sensacións que sons, olores e tacto provocan en nós en contacto cos nosos bebés.

A través de xogos, cancións, sons, ulindo e tocando cousas ou persoas, fixemos unha auténtica viaxe cos sentidos.
Levamos un fermoso recordo das sensacións que nos produciu, ademais dun pedazo da sesión: unha flor, unha pluma, un talo de menta para ulir,…
Ademais coñecemos os materiais para bebés que temos na biblioteca, e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca]

Rapaces e adultos desfrutamos na Biblioteca infantil dos contos e xogos do Carballo con Botas, co seu espectáculo “¿Sabes coser? Obradoiro de contos de igualdade”.
A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolleu a función: “Onde viven os monstros”, un espectáculo de títeres cheo de personaxes monstrosos pero capaces de namorar ao público asistente.
Carmen Domech, condutora da función, soubo transmitir a emoción, a fantasía e o gozo das historias que formaban parte deste contacontos.
Con esta actividade festexamos o Día das Bibliotecas, que pudemos levar a cabo grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.


Séguenos