DEBUXAR AS LETRAS



AGRADABLE TARDE DOS NOSOS NENOS NA BIBLIOTECA DA MEZQUITA, NA QUE REALIZARON AS FORMAS BÁSICAS DAS LETRAS MINÚSCULAS E MAIÚSCULAS.



AGRADABLE TARDE DOS NOSOS NENOS NA BIBLIOTECA DA MEZQUITA, NA QUE REALIZARON AS FORMAS BÁSICAS DAS LETRAS MINÚSCULAS E MAIÚSCULAS.
Exposición biográfica de Francisco Fernández del Riego dun xeito lúdico e pedagóxico, que cautivou ao público dende o primeiro momento.
Divertida recreación da vida de Francisco Fernández del Riego.

Cunha sinxela e orixinal escenografíao Trémola Teatro levounos da man percorrendo diferentes momentos da vida do homenaxeado deste 2023 das Letras Galegas.
Actuación moi participativa, na que @s nen@s riron, bailaron, cantaron…
Gran espectáculo que fai accesible a figura de Don Paco del Riego e co que disfrutaron tanto as persoas usuarias da residencia Domus Vi coma as cativas e cativos do ceip Rosalía de Castro do concello de Bóveda


O pasado venres 19 de maio visitou a biblioteca municipal a compañía Trémola Teatro. Un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais gozaron coa actividade de contacontos “A gran aventura dos animais”. Acompañamos a Emilia nunha viaxe diferente e divertida con música e baile. Unha tarde movida na biblioteca!

O día 16 de maio, ás portas do Día das Letras Galegas, visitounos Luis Vallecillo para traer o seu libro-disco Cantamos? polo seu V Aniversario. Adapta musicalmente varios contos tradicionais nun espectáculo no que a interacción co público é moi importante


Os nenos estaban tan entregados que case se colgaban de Carmen! Foi un espectáculo moi participativo e pasámolo moi ben contando as nosas cousas…
Graciñas Carmen!
Hoxe, Carmen e Diego de Tarabela Creativa converteron aos nenos de Valga en astronautas, achegáronnos ao firmamento e aos seus misterios, agora estamos un pouquiño máis preto dos astros. Todos escoitamos con atención as historias marabillosas que nos contou Carmen.




Onte, dentro da celebración das Letras galegas recibimos na Biblioteca Municipal de Monterroso a xoaniña Pepiña Maruxiña da compañía Barafunda.
Os nenos/as estiveron moi atentos/as aos insectos que vivían no xardín e á xirafa que pasaba por alí . Entre conto e cancións pasaron unha hora moi divertida.

O día das Letras Galegas disfrutamos do obradoiro creativo DESPREGA A TÚA IMAXINACIÓN; as nenas e nenos que participaron fixeron o seu propio libro pop-up, aprendendo as diferentes técnicas do pregado do papel. Cada participante fixo diferentes ilustracións móbiles creando a súa personaxe.
Unha forma diferente de animación á lectura que serve para poñer en actualidade os libros despregables da biblioteca.


Séguenos