“Historias dun mundo grande” de Bandullo Azul na Biblioteca Pública Municipal Nicolasa Añón de Outes
O martes 14 de outubro, continuando coas sesións de contacontos, Bandullo Azul tróuxonos o seu espectáculo: “Historias dun mundo grande”; onde a cadeliña Becki cóntanos historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo.
Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas. Con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.
Tarde moi divertida e participativa na que, tanto grandes coma pequenos, o pasamos en grande.


























Séguenos