Biblioteca do Concello de Mesía ANIMAR-T “Onde está o vento?”

O mércores 10 de agosto, Iván estivo na biblioteca para contarnos 3 historia de tres animais artistas, moi especiais.



O pasado venres 12 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Raquel Queizás «O Eco das Pedras», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.
Sinopse O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo: En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar.
A señora Antonia díxonos que era unha meiga. Con sombreiro picudo, nariz afiado, verruga no rostro… e trouxo contos moi antigos e historias que contaban as nosas avoas ao redor do lume nas noites escuras e de choiva. A rapazada da Axencia de Lectura de Parada de Sil disfrutou “sen medo” das vellas historias do “home do saco”e ata o camposanto máis divertido de Galicia onde as pantasmas, o lobishome e os vampiros fixeron rir a todos e lembrar aqueles contos dos nosos antergos.
Grazas Carmen Domech por tan boa e divertida experiencia de contacontos!

Onte o Mago Paco visitou o concello de A Bola para traernos un espectáculo de Maxia Divertida coa que disfrutamos moito tanto nenos/as coma adultos/as. A treboada e a chuvia non nos deu tregua e obrigou a trasladar finalmente o espectáculo e a Biblioteca de Verán da Bola cara un espazo cuberto, pero non puido parar as nosas gañas de pasalo ben cos trucos de maxia e xogos que Paco nos propuxo do xeito máis interactivo e ameno!






O mago José Rivera fíxolle aos/ás participantes no Campamento de verán de Irixoa un obradoiro no que a través do ilusionismo ensinou a práctica de pequenos efectos de ilusionismo ó seu alcance, e o xeito de mellorar e apre
nder máis, enfocando á lectura como ferramenta e espertando nos nenos e nas nenas o gusaniño da maxia, mellorando a súa creatividade e estimulando a súa imaxinación, ao tempo que se desenrola o seu pensamento crítico.
O DIA 8 DE AGOSTO. Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas hai que repartilas e para el non son aburridas en absoluto. A roupa sae voando, o chan é imposible de limpar e sae dunha lea para meterse noutra. Todo isto enlazado con malabares, equilibrios imposibles e moito humor absurdo e directo.



A cativada de Portosín pasou unha mañán entretida grazas a Sheila García Prado co obradoiro de Arquitectas con A.

Este martes 9 de agosto a Escola das Utopias convidounos a participar no xogo “Parti da Igualdade”
Nunha primeira parte do obradoiro, os nenos e nenas participantes realizaron a súa propia ruleta do xogo para poder xogar en casa. A continuación, divididos en grupos os nenos e nenas tiveron que poñer en práctica o xogo realizando diferentes probas e preguntas encamiñadas a rachar cos estereotipos e roles machistas.



Séguenos