Trinketrinke na Biblioteca Central Municipal “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Desta vez, a rapazada de Arteixo veuse sorprendida por unha ratiña que apareceu na biblioteca, era unha das ratiñasda Familia de Lonxedetodo (Trinketrinke). Estivo na Biblioteca Central para agasallarnos co seu espectáculo “Aprendendo a querer”. A través dos seus contos esta ratiña amosuelle a nenos, nenas, pais e nais asistentes á función a importancia de respectarnos os uns aos outros, a establecer unhas relacións afectivas sás, a fuxir dos abusos e saber diferenciar o que está do que está mal.
Nenos e nenas, ademais de pasalo moi ben, viron como algúns dos seus proxenitores se convertían en actores e actrices por uns minutos, todos participaron dun espectáculo moi dinámico e divertido.

















Séguenos