Teatro de papel na BPM de Tui
Juste Kamishibai fascina en Tui co seu espectáculo “Os nortis e os libros sen título”.

Juste Kamishibai fascina en Tui co seu espectáculo “Os nortis e os libros sen título”.

Obradoiro de sensibilización ao acoso que se levou a cabo en Trazo e onde reflexionamos cos nenos e nenas sobre os distintos tipos de acoso apoiándonos en libros con temáticas diferentes sobre diversidade e cunha parte práctica na que idearon o fina
l da historia do libro Oliver Button é unha nena.

A partir das sete e media da tarde do martes 11 de outubro, tivo lugar no Concello de Paderne a actuación “1º Galicia Ilusiona coa Maxia” do mago Pedro Bugarín. Ilusionista, que conxugou emoción, maxia e humor, facendo as delicias dos alí presentes durante aproximadamente cincuenta minutos. Un espectáculo familiar cheo de sorpresas mesturando a tradición cas novas tecnoloxías.
O venres 7 de outubro o mago Teto visitou a biblioteca municipal de Monforte de Lemos. Durante os 50 minutos que dorou o espectáculo fixo as ledicias dos máis de 135 nenos e nenas que enchían o salón de actos da Casa da Cultura donde se atopa a nosa biblioteca. Os pequenos aplaudiron e celebraron os números de maxia, algúns coñecidos e outros completamente novos , cos que o mago fixo a ledicia de todos os presentes. O número final das botellas que se multiplican e cambian de sitio foi o máis aplaudido por novedoso e deixounos a todos coa boca aberta.
Con esta actuación rematamos a temporada do programa Ler Conta Moito. Xa estamos esperando ao ano que ven para volver a disfrutar dos artistas con novas actuacións.

Paula Carballeira fixonos pasar unha tarde divertida tanto a nenos coma a maiores , con contos no que os nenos ás veces conseguen os seus obxetivos e outras veces non pero o importante e non rendirse.
![]()
Este sábado tivemos a sorte de poder contar co conta contos con títeres de “Onde viven os montruos” da man da artista Carmen Domech. A actuación resultou ser todo un éxito e tamén nos contou o conto do mostruo de cores e unha canción sobre a boa alimentación. Para finalizar a actuación realizou un xogo para os máis cativos e cativas. A actuación foi moi dinámica e divertida e os participantes disfrutaron moito dela.

A tardiña do pasado venres 30 de setembro chegaron á Biblioteca Infantil de Sada as compañeiras de AZ Lingua de Signos para abrir unha maleta chea de contos en galego e lingua de signos para @s nen@s do lugar, actividade que nos serviu para celebrar o día europeo das linguas (26 de setembro) porque a lingua de signos tamén é unha lingua, sabíalo?

Preto de 40 persoas achegáronse ao mundo dos contos da man de O Titiribaile (Musicarte) con Erica González e David Castro. O seu espectáculo A sala de Catapunchimpun achegou ao público o maravilloso mundo dos contos dun xeito moi lúdico e entretido. Para repetirrr!!!
!

O pasado venres 7 de outubro Tarabela Creativa ,formada por Carmen Conde e Diego Gallego, coa súa narración oral titulada “Astrolabios”, converteu a 21 nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela en buscadores de estrelas, ademáis de coñecer a orixe das mesmas. Unha sesión moi amena na que os nenos e nenas ,aspiraban a seren astronautas da tripulación de Tarabela Creativa. Ao finalizar todos os participantes saíron con moita ledicia despois de aprender tanto cas historias que nos contou Carmen Conde.




Séguenos