SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

HOXE DIA DAS LETRAS GALEGAS VISITANOS O CANTAUTOR: XIAO BERLAI, PARA CELEBRAR O DÍA, NADA MELLOR QUE MÚSICA E POESÍA GALEGA

HOXE DIA DAS LETRAS GALEGAS VISITANOS O CANTAUTOR: XIAO BERLAI, PARA CELEBRAR O DÍA, NADA MELLOR QUE MÚSICA E POESÍA GALEGA
O venres 13 de maio na biblioteca Municipal de Lourenzá houbo unha sesión de contacontos a cargo de Ludus Tempori S. Coop.Galega , onde os rapaces e rapazas poideron desfrutar das historias de monstros, animais, a lúa ; todo isto ambientado coa música do acordeón e sen faltar os xogos tan divertidos que acompañaron a actividade.
O venres 13 de maio, visitaron a Biblioteca dos Tilos os Ratos de Lonxedetodo. TrinkeTrinke trouxo de novo as aventuras destes ratos de biblioteca que combinan contacontos con humor e música, para que grandes e pequenos desfruten do mundo dos contos.

Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental.

O sábado 14 de maio tivemos a visita de Fran Campos acompañado da súa guitarra e de Filipa. Entre os dous tiveron unha sesión moi animada de contos.

O día 13 de maio Sole Felloza contou aos escolares de 4º, 5º e 6º de primaria a vida de Florencio Delgado Gurriarán na súa función “Vendimando versos”.
Con este entretido espectáculo, soubemos un montón de cousas sobre Florencio
.

O 12 de maio realizouse esta función para escolares de 1º, 2º e 3º de primaria.
Os asistentes pasárono en grande!

O sábado 14, na Biblioteca Municipal “Xerardo Díaz”, os nenos de Porto do Son tiveron a ocasión de pasar unha mañá entretida co obradoiro de manualidades “Conto Máxico” realizado por “A Escola das Utopías”, no que crearon seu propio conto ilustrado por eles mesmos.


Hoxe venres as 17:30h. visitou a biblioteca de Monterroso o Mago Paco co seu contacontos: CONTAMAXIAS. O Mago conseguiu conectar moi ben co público. Mesturando os contos e a maxia, pasamos unha hora moi divertida.


Séguenos