ACTIVIDADE “OS SUPERHEROES” NO CONCELLO DE SOBRADO


Expresión Producións achegou á biblioteca do Grove “O Libro Vivo”, un espectáculo de animación á lectura con teatro, contacontos, monicreques, cancións e maxia; interactivo, dinámico e divertido.

Grandes e pequenos desfrutaron coas historias, personaxes, maxia, que deron pe a xogos para divertirse e pasalo ben mentras disfrutaban do mundo dos libros. Un espectáculo onde o fio é a ilusión, a maxia e os libros.

O xoves 18 de maio Sole Felloza visitaba a biblitoeca do Barco con unha maleta che de versos de Florencio Delgado Gurriarán.
Da maleta sairon un montón de versos que viñan entrelazados coas andanzasdo autor o longo de toda a súa vida dende o seu Córgomo natal cara o exilio a México, ata o seu finamento lonxe da súa terra natal.
A forma de narrar-representar de Sole fixo que tódolos presentes pasaramos un rato moi agradable.



Humor ,adaptación circense e interacción co público familiar,son as características da versión do conto clásico “O frautista de Hamelín”,do que o contacontos David (MeRe) fixo partícipes aos asistentes á actividade.




Pedras de Papel, estivo na Biblioteca Municipal de Padrón onde ensinou a facer cestos con papel de xornal aos participantes desde obradoiro tradicional.



O cociñeiro Hugo, de Garwy Servizos & Eventos, recalou o sábado 28 na Biblioteca Municipal Xerardo Díaz de Porto do Son para entreter ós rapaces coas suas cancións e historias co tema central da igualdade. Os nenos pasaron unha mañá divertida na súa agradable compaña.


Fermoso conto para a igualdade ,con él pódese traballar as emocións dos nenos e facer que desenrolen un pensamento crítico.


Séguenos