U-la Lúa? na BPM de Baiona
Onte contamos con Celtia Figueiras, de A Xanela Do Maxín que nos deleitou coa historia da gatiña Lúa e a súa loita por conseguir os seus soños… Marabilloso relato que encandilou a nen@s e maiores!



Onte contamos con Celtia Figueiras, de A Xanela Do Maxín que nos deleitou coa historia da gatiña Lúa e a súa loita por conseguir os seus soños… Marabilloso relato que encandilou a nen@s e maiores!



O pasado venres acompañounos na biblioteca de Caldas de Reis, Ton Arenas de Mircromina Teatro de Títeres cun obradoiro de cartón para a rapazada. Participaron vinte nenos que disfrutaron dunha tarde chea onde a imaxinación e a creatividade estiveron moi presentes.


O venres 3 de xuño, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, acolleu o espectáculo ‘Trispilistriñas’, con cantos, contos e tradición oral da man de Pavís Pavós.
Trispilistriñas trispilistriñas,
o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas,
o que non come non ten barrigolas!

O público disfrutou onte coa actuación de teatro que foi moi dinámica e participativa..
Para celebrar o día mundial do medio ambiente, na Biblioteca de Viveiro, tivemos unha contada moi interesante da man de Caxoto.
Aprendimos e sobre todo levamos unha grande mensaxe:” Coidar o noso planeta ”

O pasado 3 de xuño a cativada de Vite puido aprender no obradoiro de lettering realizado por Alba Farto diferentes técnicas e estilos para o arte de debuxar letras a man de forma creativa. Ademáis, puideron experimentar coas tintas e realizar os seus propios diseños coa mestura de cores que querían obter. Todos os nenos e nenas asistentes estiveron moi interesados/as e emocionados/as cos coñecementos aprendidos e postos en práctica

En BIBLIOPAZOS continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, tivemos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO quen nos trouxo o seu espectáculo de contacontos “MALETAS VIAXEIRAS”.
A actividade tivo lugar o VENRES DÍA 3 DE XUÑO ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e estivo convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.
Unha estupenda actividade na que Sabela Gago soubo ter entretidos e atentos aos participantes en todo momento e que estos participaran moi activamente do espectáculo.

Coas mans na masa (contos de igualdade) estivo o pasado venres 3 de xuño na ALM de Touro e foi todo un éxito. Caxoto contou contos de igualdade e contra os estereotipos de xénero. Unha tarde moi divertida


Séguenos