Unha viaxe para cantar e contar de Donde viven los cuentos
O venres 24, no auditorio do Concello de Nigrán, viaxamos, cantamos e contamos da man do ratiño Suso; pasamos un ratiño fabuloso.
O venres 24, no auditorio do Concello de Nigrán, viaxamos, cantamos e contamos da man do ratiño Suso; pasamos un ratiño fabuloso.
O venres 24 de setembro na B. P. M. de Láncara tivo lugar a actividade Conto Xogo, que consistiu nunha sesión de contos e xogos para os máis pequenos, os cales pasaron unha animada tarde.
As nenas e nenos coas súas familias asistiron o venres ao espectáculo que puxo en escena a compañía Monicreques de Kukas, e no que se misturaron diferentes disciplinas teatrais e artísticas coma o clown, a pantomima, a maxia e a manipulación de marionetas. A obra estivo protagonizada por Marcelino de Santiago, que encarnou a Xan Perillán, un home afortunado ao que lle tocou unha viaxe a Pernambuco, un lugar que tivo que atopar coa axuda dos nenos do público e da súa maleta máxica.
.

O pasado venres 24 de setembro O faiado de Nin trouxo á Biblioteca M. Xabier P. Docampo de (A Barcala-Cambre) a interesante actividade que leva por título “A arte de ler”. As nenas e os nenos gozaron dunha sesión moi creativa, centrada no deseño de bolsas e mochilas para grandes lectores.

Este venres 24 de Setembro, estivo Paco Nogueiras na Bpm de Corcubión, presentando o seu novo libro- cd “Extra”. Unha actuación moi divertida e cun público infantil e familiar moi animado. Pasamos unha tarde estupenda 🙂

Este sábado tivemos na Biblioteca de Frades a actuación de “Teatro Ghazafelhos” ca súa obra teatral “A Máquina do Tempo”. Unha obra q combina teatro con moito humor e q gustou moitísimo a todas as persoas asistentes. Obra didáctica que enganchou o público dende o incio o fin, un percorrido por a verdadeira historia das civilizacións con unha mensaxe moi clara. É necesario a cooperación de todos/as para lograr que este mundo avance. Gracias Teatro Ghazafehlos por un día de humor en familia. Cómpre destacar o seu labor fronte á Covid-19 en todo momento respectando as medidas de seguridade e protección, así como desinfección😷😷

Nos últimos días vimos un rato que ía e viña pola Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada pero non dabamos falado con el. Por fin o pasado venres soubemos o motivo da súa visita: contar contos dos ratos de lonxedetodo. Contos divertidos, curiosos, engaiolantes, emocionantes. Pasámolo tan ben que lle deixamos un anaco de queixo para animalo a volver outro día.

A tarde do sábado a Alquimista chegou á nosa biblio.
Chegou cargada de historias (historia da ciencia), pero tamén de fantasía e música.
Encantounos a actuación de Cristina Collazo, acompañada de Martiño.
Unha bonita maneira de achegar a ciencia aos máis pequenos, a través do teatro e a música.
Moi recomendable!


A tarde do venres recibimos na nosa biblioteca a visita dun médico moi especial que nos contou que existen familias ben diferentes, todas elas diferentes, pero igualmente familias.
Encantáronnos os libros que nos amosou. E algúns deles témolos na biblio.




Séguenos