Trinke Trinke Teatro “Contos dos Ratos de Lonxedetodo”
A Biblioteca da Laracha acolleu a Trinke Trinke cos ratos de Lonxedetodo.

A Biblioteca da Laracha acolleu a Trinke Trinke cos ratos de Lonxedetodo.

O día 14 de outubro visitounos na Capela Carmen Domenech co contacontos ” A carteira de Augasclaras” e repartíu cartas dirixidas ós nenos nas que, os remitentes eran os protagonistas dos seus contos ” Rosa Caramelo” e ” Artur e Clementina”, os nenos pasaron unha mañá moi divertida.


Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, presentounos onte na Biblioteca Municipal de Lugo unha chea de medos e os divertidos remedios para enfrontarse a eles.


Se por exemplo, o medo é ao demo desencaminador que aparece nos camiños, podes cantarlle esta canción:
“Demo escoita o que che pido
que apartes do camiño
que teño que ir a bailar”
E así para cada medo, todos teñen un conto ou unha canción!

A Vinganza de POICAWEN. Raquel García Crespo e o seu compañeiro teatrelizaron o conto “A Vinganza de Poicawen”. O tema principal do conto baseouse sobre o coidado e o respecto da nosa nai natureza.
Grazas por estar connós Raquel.

Onte a tarde encheuse a biblio de música, poesía e paz con Soñando inventei de María Faltri e Jorge Juncal. As cancións que se interpretaron no espectáculo forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras”. Neste concerto mestúrase música e poesía que conta como sentirse en paz, fala de persoas que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas.

Fran Amil de Chuches Amil e a súa actuación para os nenos e nenas do colexio público de Maceda tocou e contoulles ós nenos contos do libro “Monstruos con ou sen consentimento”, e como o bo tempo acompañounos poidemos facer a actividade nos xardíns ó carón da biblioteca. Pasómolo xenial.

A maneira de contar de Lia Magalia é diferente. Os espectadores introdúcense no relato e viven as mesmas peripecias que os personaxes de ficción. Adéntranse en selvas, móllanse, loitan con osos e vencen.

Este xoves, día 14 de outubro, tivemos unha sesión de narración oral na Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre). A compañía Galeatro centrou a atención das nenas e nenos na importancia dos distintos bechos para a conservación do medio natural, fomentando o respecto e coidado dos animais.


A tarde do pasado sábado 18 de setembro estiveron as Aldaolado nas Neves ofrecendo un obradoiro de poesía.
Fixeron un recital e a continuación desenvolveuse un obradoiro de colaxe e poesía do máis interesante para o público mozo que se mostrou moi entusismado e participativo.
Un pracer!
O xoves 14 de outubro Brais das Hortas visita a nosa biblioteca cun espectáculo que fixo as ledicias dos espectadores. Durante unha hora tivo engaiolados a nenos e maiores coas historias de Lucía, a nena que atopa a maleta da súa avoa no faiado da casa, historias cheas de terror e humor. O espectáculo complétase con música que vai do estilo máis tradicional , romances, ata o máis actual rap e trap. Remata coa nova versión da Santa Compaña que a trae ao século XXI convertíndoa en Santa Compaña.O2.
Pasamos un rato moi agradable e esperamos que volva pronto a visitarnos.



Séguenos