Tropa de Trapo na ALM de Buxantes (Dumbría)
Tarde musical a que vivimos o sábado na biblio de Buxantes.
Tropa de Trapo achegounos Contos para nenas grandes e pequenas que nos gustaron moitísimo.

Tarde musical a que vivimos o sábado na biblio de Buxantes.
Tropa de Trapo achegounos Contos para nenas grandes e pequenas que nos gustaron moitísimo.

A tarde do venres foi do máis divertida na nosa biblio.
Visitounos a Escola das Utopías cunha morea de xogos, todos metidos nunha gran Parti da Igualdade.
Xogos que se adaptaban a tódalas idades.
Encantounos!

Espectáculo de Raquel Queizás no que a narración oral de contos clásicos acompaña ao audiovisual de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo dos mesmos e no que se fai uso das novas tecnoloxías para introducir á narradora nesas mesmas películas.

O VENES, 15 DE OUTUBRO, OSCAR VILLAN TROUXO UN OBRADOIRO DE APROXIMACION A ILUSTRACION A NOSA AXENCIA DE LECTURA, APRENDEMOS MOITO DEL. GRACIAS, ARTISTA!

O día 15 de outubro ás 16.30h, tivo lugar na B.P.M. de Láncara o espectáculo de marionetas “Xogo Revolto” , da man de Trécola Teatro. A través dos xogos de catro amigos trátase o tema do acoso escolar e a discriminación que sofren moitos nenos e nenas. Mantivo entretidos a grandes e pequenos.

Á mañá do pasado sábado chegou Nelson Quinteiro a Axencia de Lectura Municipal de Tirán cos seus instrumentos e púxonos a todas a tocar e bailar. Moito aprendemos sobre a nosa música tradicional.Que ben o pasamos, tremendo BARULLO montamos con todos aqueles instrumentos!!

Extraordinario, coma sempre, Teatro Ghazafelhos co seu Olimpo de deusas e deuses disparatados. Foi a Caixa sen Pandora, o “Lercontamoito” desta tarde de venres na biblioteca de Tirán.

A Biblioteca Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) acolleu o venres 15 de outubro un fermoso conto inclusivo en lingua de signos. A sesión incluíu tamén unha vertente didáctica que resultou ben interesante para o público asistente.



O pasado xoves día 14 de outubro pasaron pola BiblioSada @s alumn@s de 2º da ESO do IES Mosteirón, que desfrutaron da actividade “O Mundo da Dobraxe” poñendo as súas voces a persoaxes famosas do cine adolescente coma os vampiros de Crepúsculo, etc.



Séguenos