BRAIS DAS HORTAS VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O xoves 14 de outubro Brais das Hortas visita a nosa biblioteca cun espectáculo que fixo as ledicias dos espectadores. Durante unha hora tivo engaiolados a nenos e maiores coas historias de Lucía, a nena que atopa a maleta da súa avoa no faiado da casa, historias cheas de terror e humor. O espectáculo complétase con música que vai do estilo máis tradicional , romances, ata o máis actual rap e trap. Remata coa nova versión da Santa Compaña que a trae ao século XXI convertíndoa en Santa Compaña.O2.
Pasamos un rato moi agradable e esperamos que volva pronto a visitarnos.













Os asistentes puideron facer maxia eles mesmos; os xogos foron sinxelos de realizar pero abraiantes para os ollos inexpertos; realizaronse con obxetos cotiás e sinxelos de atopar (móbiles, libros, gomas elásticas, monedas, cartas, rotuladores, mondadentes…).




Séguenos