Biblioteca Pública Municipal da Pastoriza Cancións de animais para nenos casi normais
Disfrutamos dunha sesión de contos moi divertida e didáctica para coñecer mellor os animais, con moita participación dos nenos e nenas da mán de Gustavo.

Disfrutamos dunha sesión de contos moi divertida e didáctica para coñecer mellor os animais, con moita participación dos nenos e nenas da mán de Gustavo.

O pasado mércores 29 de setembro Pavís Pavós trouxeronnos unha chea de historias sacadas dunha mala fantástica herencia dunha señora marquesa.
Pasamos una tarde máxica cun público tremendamente entregado!.

Sarabela Teatro representou onte na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo o seu espectáculo de narración oral “Naturizo e o espírito do bosque”, no que se narran as historias e aventuras deste peculiar ourizo cacheiro.

A Biblioteca Xela Arias (Chapela, Redondela) celebrou estes días unha actividade sobre ciencia, onde Jules Verne e a súa obra eran os protagonistas.
Un obradoiro científico para imaxinar, para comprender e para aprender.

Rapaces e rapazas de entre 6 e 8 anos de Chapela e arredores encheron as prazas do obradoiro e gozaron e aprenderon a través dos experimentos e xogos realizados polos monitores da actividade.
A biblioteca dispuxo para o obradoiro dun gran número de libros do seu fondo sobre Jules Verne e tamén sobre ciencia adaptados ás idades do grupo.
Ver + no weblog da biblioteca: https://bibliotecas.redondela.gal/20-000-leguas-de-lectura-divertida-xules-verne-anima-a-explorar-na-ciencia-a-rapazada-de-chapela/
A chuviosa tarde do sábado pasámola da mellor maneira posible.
Na biblio de Berdeogas, a través de exemplos, achegámonos ao método científico, á ciencia, a átomos e moléculas; e os rapaces e rapazas asistentes puideron participar na realización de varios experimentos.
Moi recomendable!



Na tarde do venres recibimos a visita de Mulleres Científicas, unha actuación a través da cal coñecemos a traxectoria de varias mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia.
De maneira lúdica e interactiva, os pequenos puideron coñecer ilustres científicas e viaxar a través da historia.


O venres 1 de outubro estivo na biblioteca de Nós a Bruxa Maruxa, quen nos contou o que lle custou convencer a súa nai de que ela non valía para bruxa , que quería ser artista.
Foi unha tarde moi divertida na que a Bruxa Maruxa fixo cantar e bailar a todos os asistentes e ao final todas e todos querían ser…artistas!!!


Montse Fajardo deu, o venres pasado, unha charla “A represión contra as mulleres”. Falounos, con fotografías e historias sobrecolledoras das mulleres, que por estar emparentadas con homes represaliados ou por a súa ideoloxía, sufriron a represión do golpe de estado de 1936. Tamén repasou as distintas tipoloxías de represión como agresións sexuais, tatuaxes na pel, rapas do cabelo… e as consecuencias que para as mulleres tivo a ditadura franquista, “que relegou á muller ao papel de esposa e nai”.
Charla amena e moi interesante.

A maxía, a sorpresa e o humor que nos trouxo Pedro a Mera, aderezado coa participación dos nosos nenos e nenas, resultou todo un éxito.
Tarde para repetir e recomendar .
Parabéns Pedro

O pasado mércores pasámolo xenial coas historias que nos contou Caxoto sobre os animaliños da granxa de Xan!



Séguenos