CONTOS DE CHUCHES AMIL EN CAMARIÑAS

Estupendo espectáculo de Chuches Amil en Camariñas. Contos e música de moi boa calidade. Conseguiu crear un ambiente moi animado e participativo, só tedes que mirar a imaxe!. Volveremos a vernos Chuches Amil!

Estupendo espectáculo de Chuches Amil en Camariñas. Contos e música de moi boa calidade. Conseguiu crear un ambiente moi animado e participativo, só tedes que mirar a imaxe!. Volveremos a vernos Chuches Amil!

Este xoves contamos, na Biblioteca Central Rialeda, coa presenza de Zoila Gulín, que fixo gozar ás nenas e nenos de Oleiros coa narración escenificada dos viaxes do aventureiro coello Turpin.

O xoves 30 de setembro a maga Leo e a súa axudanta e irmá, Cristina, visitaron a nosa biblioteca para facernos pasar unha tarde moi divertida . Libros que votan lume, cordas que se cortan e unen soas, Gachas , un coello gris que sae dunha caixa que estaba valeira, e un final apoteósico con neve e confetis de cores, fixeron as ledicias de nenos e nenas que disfrutaron do bo facer e o bo humor destas dúas artistas. A máis de todo esto no espectáculo reivindican o labor dunha serie de mulleres que contribuíron a facer un mundo mellor . Clara Campoamor, Amelia Earhart, Virginia Woolf, Marie Curie son algunhas das protagonistas dos seus números de maxia.
Esperamos volver a velas pronto pola nosa biblioteca para volver a disfrutar do seu humor e o seu bo facer.

O
rato Paco,
Lúa,
Violín,
Piñeiro,… foron algúns dos contos que nos contou e cantou onte Pablo Díaz Carro no auditorio de Baio, en Zas. Acompañado das súas frautas máxicas e da súa guitarra fíxonos pasar un anaco moi entretido no cantamos e bailamos sen parar. “Cantacontos para bebés”
era o título deste espectáculo que fixo que pasaramos unha tarde espectacular !


Cunha grande participación das nenas e nenos asistentes, xunto coas súas familias, o espectáculo Circo na Casa tivo moi boa acollida na súa actuación o xoves 30 de setembro pola tarde. Risas, palmadas, malabarismos para a tarde do xoves e cunha mensaxe clara de igualdade de xénero.

Este mércores 29 de setembro, desde a Biblioteca Central Municipal de Cambre, viaxamos da man de Marta Ortiz a un máxico taller de costura para escoitarmos os vellos contos, coplas e cancións das mulleres que traballan nel.
Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa!


A bandoleira máis temida da contorna, Pepa a Loba, chega á biblioteca de Aldán buscando refuxio. Máis tamén ven chea de contos e fantásticas aventuras.
Grazas a Cristina Collazo e ao seu alter ego, cativos e maiores pasamos unha tarde moi divertida.


O mércores 29 de setembro visitounos Raquel Queizás e trouxonos unha morea de contos nos que se desmontaban os estereotipos que nos chegan a limitar e crear frustración. Mañá moi divertida e instructiva.

En días pasados Paula Carballeira visitou a bilbioteca municipal de Tui

Prometemos non contar nada do que a autora Paula Carballeira nos contou onte sobre as bruxas mais puidemos sacar fotos que demostran o ben que o pasamos.

Mirámonos, miradevos…mirade para o que senta ao voso lado…. todos somos iguais pero moi diferentes, estas e outras preguntas son as que se fai Noa diante do espello, ese espello que tanto lle gusta a Noa e tamén a todos os nenos e nenas da sala.
Sabela explicounos a todas e todos que é moi importante que cada un teña a súa propia identidade.
Non debemos enfadarnos se os nosos amigos e amigas teñen aficións distintas das nosas ou lles gustan cousas moi diferentes ao que nos gusta a cada un de nós.
Unha moi boa posta en escea, mediante un xogo teatralizado de personaxes que rodean a Noa que consegue que nos preocupemos con Noa pero tamén nos divertimos e resolvimos situacións.


Séguenos