Divertido sábado 18 de setembro na Biblioteca de Betanzos ca verdadeira historia de Hamelin



O pasado mércores día 15 de setembro, nen@s e pais tiveron a oportunidade de coñecer “A Verdadeira Historia de Hamelín” narrada a través das verbas de MereClown!
Foi un espectáculo dinámico e entretido que fixo rir a todo o público que encheu a praza da Biblioteca Municipal Irmáns Camba.



Pasadas as seis da tarde de día onte, os nenos de tres a cinco anos da unitaria tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a Verdadeira Historia de Hamelin, onde o frautista, o rei, os trasnos e as ratas foron os protagonistas dunha divertida tarde de contacontos con malabares, na que tamén a música estivo presente.
Pasamos unha tarde magnífica co repertorio musical de Pakolas.
Os nenos/as quedaron engaiolados coas súas cancións , non querían que rematase a sesión.
Parabéns Pakolas.

A proxección de contos clásicos adaptados, nas primeiras adaptacións de cine mudo, gustó moito aos nenos e así participaron eles moito máis.
” Non te vaias”, decía un neno participando totalmente en la actividad.
Gustou moito tamén aos pais, facendo moitas preguntas a Raquel sobre a proxección, etc.

A actividade foi moi dinámica e divertida con boa implicación por parte dos participantes. O espazo estaba decorado de forma temática.
Empregando as distintas pistas a rapazada conseguiu resolver os enigmas e así poder abrir a gaiola que contiña as variñas máxicas.



O que parece ter unha resposta sinxela convértese nun crebacabezas.
Títeres Cachirulo tráennos esta actividade de monicreques recomendado para nenas e nenos de 4 anos en diante. Satisfacción xeral entre o público infantil e parentela

Grandes e pequenos gozaron, o pasado venres en Touro, da música e dos contos de Chuches Amil.

Trinketrinke acercouse a Biblioteca de Ponteceso da man dos Ratos de Lonxedetodo para contarnos tres historias de ratiños. Os asistentes tamén participaron cantando divertidas cancións.



18/09/2021 na B.P.M. de Viveiro tivo lugar a segunda sesión de sábado de contos, Familias Diversas de Trinketrinke teatro. Os nenos aprenderon que para ser unha familia o mais importante é quererse a través de dous contos: O meu papá é un pallaso e familias familias familias.


Séguenos