EN PARADA DE SIL MONTAMOS UNHA BANDA DE VERÁN CO CONTACONTOS-MUSICAL DE XOAN CURIEL
O carismático artista Xoan Curiel amosounos o venres 16 de xullo en Parada de Sil qué doado e divertido é montar unha Banda de Verán chea de música e divertimento.
Paso a paso fomos aprendendo cada instrumento e cada estilo musical. Toda a rapazada da Axencia de Lectura de Parada de Sil descobrimos estilos musicais coma o rock, o pop, o rap, o reggae, a xota, a muiñeira, a rumba…
A través do seu conto fomos participando nun concerto onde todos nos activamos cantando, palmeando, taconeando e disfrutamos a tope.
Grazas Xoan por darnos marcha nunha tarde tan calurosa deste verán 2021!
Axencia Municipal de Lectura de Parada de Sil, apostando pola cultura viva no corazón da Ribeira Sacra!













Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia, historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago.






Séguenos