A Maxia dos libros en Coirós.
O espectáculo “A maxia dos libros” é unha representación onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. . Unha actividade fascinante que nos encantou.
![]()
O espectáculo “A maxia dos libros” é unha representación onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. . Unha actividade fascinante que nos encantou.
![]()
Onte visitounos Anxo Moure na Biblioteca Municipal de Lalín e sí. Bailamos non só un conto senón unha morea deles!!
A nosa biblioteca transformouse e nun lugar cheo de maxia e ilusión. Un misterioso personaxe encargouse de guiar aos nenos e nenas de maneira maxistral a atopar os segredos agochados nos andeis.
Nesta viaxe especial, atoparon escenas de fantasía, contos sorprendentes, poesía, música, ciencia… Todo mesturado para ofrecer emoción, misterio e moita diversión.
Os libros converteronse en auténticos tesouros que da man de Frumario O blibliotecario fixeron voar a imaxinación dos participantes.
Porque todo isto, e moito máis, está máis preto do que pensamos: na nosa biblioteca, un lugar onde todo pode acontecer

Onte, 2 de setembro, na biblioteca de San Cibrao das Viñas, disfrutamos dun obradoiro lúdico-científico, no que os nenos e nenas que asistiron tiveron que resolver un crime, extraendo o ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. Así aprenderon que é a biotecnoloxía.

O venres 29, visitou a nosa biblioteca Charo Pita. Con ela fixemos un repaso ás partes do corpo a través de historias e contos con princesas, bruxas, reis e outros personaxes.


Dentro da programación das festas de Xove o ilusionista Joshua Kenneth encantou o público co seu espectáculo “Ler para crer” (Ler Conta Moito).
Onte, 28 de agosto, na biblioteca de San Cibrao das Viñas, grandes e pequenos disfrutamos dun espectáculo de títeres, onde a música xogou un papel moi importante.
Os nenos e nenas que asistiron, cantaron, bailaron e aprenderon cousas moi interesantes sobre a natureza e o medio ambiente.

Existosa actuación de Pablísimo co espectáculo de narración oral “Cabicivai” (Ler Conta Moito) dentro da programación das festas patronais 2025.
Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Pakolas con Ecoralia fixo cantar, contar e debuxar a nenas e nenos que gozaron así da súa música.
Maravilloso espectáculo!!


Séguenos