Onte, 15 de outubro, resolvimos un crime na Biblioteca do Barqueiro, grazas ao equipo de biotecnólogos dirixidos polo divulgador científico Manuel Vicente, responsable do programa Efervesciencia, da Radio Galega.




Unha tarde diferente, lúdica e moi educativa tanto para a rapazada, como para as persoas adultas que asistiron. Aprendiamos moito do ADN, con ferramentas e produtos que temos nas nosas cociñas, que é a biotecnoloxía e as semellanzas entre os científicos e os detectives das novelas.

O día 15 de outubro tivemos este interesante obradoino, no que cada participante creou un monicreque de culler partindo do seu personaxe de ficción preferido, o que deu como resultado un marabilloso grupo de figuras divertidas e orixinais.



O pasado xoves na Biblio de Sanxenxo, nenas e nenos xunto cos seus pais e nais disfrutaron da aventura de Ecoralia, cos seus alimentos ecolóxicos e como coidar o bosque… Risas e moitas cancións que os nenos cantaron acompañando a Pakolas na sua proposta musial-narrativa pasando unha tarde moi divertida.
Onte día 14 de outubro, visitou a Biblioteca do Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, BETTY QUEIRO coa súa proposta de atopar o teu camiño. Unha actividade baseada nun conto “podes atopar ou teu camiño” dun grupo de estudantes que atopan seu camiño a través de ideas valiosas grazas a súa curiosidade e creatividade naturais, e aprendendo inglés e galego nunha actividade musical moi divertida e interactiva coa rapazada.
Ao final da actividade os nenos e nenas, todos xuntos, realizaron un debuxo con moito colorido e imaxinación.



Este martes 14, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O temple – Cambre) acolleu, ‘No monte’, un interesante obradoiro sensorial que conecta a aprendizaxe coa experiencia directa, poñendo en valor a nosa relación co medio natural.
Eduvía presentou onte en Tordoia un contacontos sensorial na que os pequenos e pequenas puideron compartir esta experiencia coas palabras, cantigas e contos á vez que puideron manipular obxectos e gozar desta experiencia.


Cancións, contos e risas foron os protagonistas esta tarde na Biblioteca Municipal de Tui. O rato Fuco, interpretado por David Pernas, chegou a biblioteca de Tui coas súas historias e os seus amigos, coma un caracol e un merlo.
En “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxetodo” interpretáronse diversas cancións e mesmo un poema musicado de Gloria Fuertes

Este martes tivemos a ocasión de disfrutar da actividade que levaba por título “Estrebillos”.
María da Pontragha trouxo contos e cancións para xogar coas palabras e as emocións. Historias de pouca volta nas que xogamos co ritmo, coas palabras a través de estrebillos e contos que nos contaban as avoas.
A tarde foi moi entretida e amena, xa que os participantes, tanto cativos como maiores, xogaron e cantaron, con moitas risas e aplausos.

Moitas grazas María por unha sesión tan divertida.
Hoxe 14 de outubro celebrouse unha nova actividade de Ler Conta Moito, nesta edición 2025. Trátase de Os Contos da Leiteira, onde os nenos e nenas asistiron a unha de serie de historias contadas con moita habilidade por Lucía. Unha actividade baseada nas historias que aparecen nos contos da editorial OQO e onde mostrou o bo labor desta editorial e, e xeral, de todas as editoriais galegas.



Séguenos