BIOTECNOLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA A.L.M. DE TORDOIA
NA A.L.M. XOGAMOS A SER DETECTIVES, RESOLVENDO O CRIME DO ROUBO DUN IMPORTANTE MANUSCRITO POR MEDIO DAS PROBAS E O ADN NUN LABORATORIO CASEIRO.
NA A.L.M. XOGAMOS A SER DETECTIVES, RESOLVENDO O CRIME DO ROUBO DUN IMPORTANTE MANUSCRITO POR MEDIO DAS PROBAS E O ADN NUN LABORATORIO CASEIRO.
OBRADOIRO AUDIOVISUAL DE DOUS DIAS
OS/AS PARTICIPANTES REALIZAON UN GUIÓN, RODAXE E MONTAXE RELACIONADA CO NOSO CONCELLO
O Mago Teto realizou un emocionante e máxico show remontándose a 29 anos atrás cando contemplou un truco de maxia do seu avó que o fascinou e cambiou a súa vida por completo,Divertido, irónico e sempre sorprendente foi debullando un completo repertorio de trucos de naipes, lume, moedas, etc que deixaban coa boca aberta ao público nun rápido resumo de miles de anos de maxia.
O 8 de outubro, tivemos a representación “Dulcinea a nena cabaleira ” a cargo de Anxo Fariña escritor e ilustrador.

Charo Pita contounos historias de aventureiras que deron a volta o mundo, viaxaron por Africa, volaron ao espacio… Descubriunos mulleres que loitaron polos seus credos…Rematamos a sesión con música e baile.
O pasado 28 de setembro estivo con nós Paula Carballeira, coa súa obra ” Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) divertida actuación.

O pasado venres tivemos a sorte de recibir na BPM de Sarria á actriz e escritora Celtia Figueiras, quen nos relatou o conto de “U-la lúa?”, unha gatiña que quería cumprir un soño: viaxar.
Cos seus monicreques de mesa e a súa voz, a artista conseguiu que as nenas e nenos seguiran con moita atención a historia. Participaron e riron ao longo de todo o conto, e aprenderon a importancia das amizades e da unión para que os soños se fagan realidade: a felicidade dos demais tamén é a túa.


O pasado 23 de outubro tivo lugar no Centro cultural de Cerdedo o contacontos “A Familia de Tango” da man de Pedro Brandaríz. Unha serie de contos para fomentar a igualdade entre os máis pequenos.
O pasado venres, 23 de outubro, tivemos na nosa biblioteca
un obradoiro para descubrir os nosos ” superpoderes”.
Os nosos participantes descubriron que tiñan, moitos superpoderes agochados,
e que non sabían que os podían utilizar…….
Fixeron grandes descubrimentos!

O mércores 21 de outubro desenvolveuse na biblioteca de Narón o obradoiro para persoas adultas Como contar contos, da compañía A Escola das utopías.
Neste obradoiro ofrecéronse as ferramentas básicas para ser un bo contador ou contadora de contos. As pautas descritas polo actor Pedro Brandariz serven tamén para aquelas persoas que, sen ser contadoras, teñen que falar en público, polo que o obradoiro foi de moito aproveitamento.



Séguenos