O Xigante de Elefante Elegante
O venres 9 de outubro en Caión recibimos a Elefante Elegante coa sesión de contacontos “O Xigante”. O contacontos realizouse tamén no ximnasio do CEIP de Caión xunto a Biblioteca.

O venres 9 de outubro en Caión recibimos a Elefante Elegante coa sesión de contacontos “O Xigante”. O contacontos realizouse tamén no ximnasio do CEIP de Caión xunto a Biblioteca.

O martes 6 de Outubro, na Biblioteca da Laracha levouse a cabo a sesión de contacontos de “Estrafalaria” de Xarope Tulú. Unha obra que incide especialmente na igualdade de xénero e a discriminación que sufriu a muller o longo da historia.

O Domingo 4 de outubro a Biblioteca da Laracha acolleu a sesión de contacocontos de Tremola Teatro dirixida a bebes (0 a 4 anos) .Un espectáculo precioso , cunha posta en escea que conseguiu captar totalmente a atención dos pequenos.


O mércores 30 de Setembro, realizouse a sesión de contacontos do Coelliño Branco en Caión. Por motivos de seguridade, realizouse no ximnasio do CEIP de Caion, que está o lado da Bliblioteca de Caión, xa que as dimensións de esta Biblioteca son moi reducidas.


Venres 25 de Setembro na Bliblioteca de Laracha a primeira sesión de Contos da Bruxa Chispum. Os nen@s disfrutaron de unha sesión de contacontos seguida de un pequeno taller no que fixeron unha pompa para a ducha.

Mércores 14 de outubro na Biblioteca Paiosaco (Centro socioultural) tivo lugar a segunda sesión dos contos da Bruxa Chispum. Esta vez, o rematar o conto realizaron un colgante con diversas augas de cores.


O martes 22 de setembro a Biblioteca de Paiosaco (Centro Sociocultural de Paiosaco )acolleu a David Mendez con “Maxia de aquí e de acolá”. Os nen@s pasaron un rato moi entretido e divertido.


O sábado 17 de Outubro ás 11:00h. a BPM Xerardo Díaz Fernández, encheuse de xogos malabares e gargalladas ante esta nova versión dun clásico da literatura infantil.
Os libros da casa tolearon. Cada un tivo unha experiencia e viaxe increíble e cóntannos as súas historias, divertidas, sensibles, emocionantes, fantásticas… Todo iso pudo desfrutarse o 15 de Outubro ás 15h.
O sábado, día 17, tocoulle aos nenos e nenas do Milladoiro. Os que participaron no obradoiro analizaron a estructura clásica dos contos, revisaron contos clásicos con novas persepectiva, escribiron e debuxaron! E todo dun xeito lúdico que os enganchou por completo!

Neste obradoiro de ilustración con papel os participantes desfrutaron das súas creacións ao tempo que escoitaban narracións de Carvalho Calero. Debuxaron, recortaron, pegaron e construiron un fermoso teatro cos seus monicreques, baixo a supervisión de Mirari, o 9 de Outubro ás 12:00h.


Séguenos