AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MACEDA FRANCISCO CARBALLO
Proxección audiovisual de imaxes do libro Airiños aires Rosalía comentados e explicados polo seu autor Xurxo Lobato.
Proxección audiovisual de imaxes do libro Airiños aires Rosalía comentados e explicados polo seu autor Xurxo Lobato.
E un ano mais remata o programa Ler conta moito en Allariz
Nesta ocasión visitounos Música Miúda, tres grandes músicos e profesionais que nos fixeron pasar unha tarde moi agradable e divertida coas súas cancións e os contos da vila de Bemol Pequeno.
Quedamos encantados!!
Moitas grazas


O pasado venres tivemos a sorte de superar as probas para ter en Sarria unha nova sucursal do colexio de maxia e feitizaría Howgarts.
A rapazada traballou moito e moi intelixentemente para poder resolver os enigmas e conseguir abrir a gaiola que contiña as variñas máxicas e así poder liberar a Harry, Hermione e Ron. Adiviñas, chaves, cadeados, contrasinais e moito enxeño e pericia por parte dos fans das novelas fantásticas de Harry Potter.
Os nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade lograron ser autores e protagonistas ao mesmo tempo do seu propio conto, a través do obradoiro “Fotoconto” que se levou a cabo o pasado venres 16 de outubro na Biblioteca de Cerdedo.
Non lles faltou creatividade a ningún deles para deseñar unha historia fantástica.
Ao remate da actividade visualizaron a montaxe do seu libro e poideron ver as ilustracións coas súas fotografías. En breve contaremos con este novo conto na nosa Biblioteca para que todos o poidades ler.

Continuando coas sesións de contacontos, o martes día 13 de outubro tivemos a visita de Elefante Elegante. Presentounos o seu espectáculo “O lobo Bobo”. Contounos novas e divertidas versións dos contos clásicos, como “Branca de Neve”, “Os tres porquiños”, “Carrapuchiña vermella”…
Esta orixinal forma de presentar os contos de sempre sorprendeu a pequenos e maiores. Pasamos unha tarde moi entretida.



O venres 16 de outubro ás 17:30h. na BPM de Sober tivemos a última das actividades programadas no ciclo Ler conta moito. Estivo en Sober a compañía Aldaolado, có seu espectáculo “Pó e Xía”.
Esta é unha actividade de dinamización con música, teatro e danza, dirixida a nenas e nenos a partir de 6 anos , onde as protagonistas ( unhas nenas moi “trastas” ) narran as aventuras que teñen no seu cole e que as leva ata a biblioteca onde comezan a apreciar a poesía , o que fará delas unhas grandes lectoras.
Aldaolado realiza unha mestura de poesía con humor e música. Espectáculo moi entretido que capta a atención dos nenos e as nenas dende o primeiro momento.

Onte puidemos gozar en Santa Marta, dun obradoiro esencial para todas aquelas persoas que teñan ganas de mancharse as mans creando textos, porque é tan importante que contamos como o xeito en que o facemos, diso vai este obradoiro , de aprender dende a práctica, traballando con estímulos creativos variados, mesturando ingredientes para crear historias redondas.

O xoves 15 de Outubro tivemos na biblioteca de Darbo a visita de Raquel Galavís coa súa obra “O Principiño en Madagascar”.
Coñecemos a historia de Toni, un escalador que viaxou a Madagascar na procura dun exemplar do Principiño en lingua
Malgache e aprendemos moito sobre a vida en Madagascar, pero sobre todo descubrimos cómo atopar ao Principiño que está en cada un de nos.


Séguenos