“A cabaza encantada” o sábado 26 de outubro na Biblioteca Municipal de Betanzos

Contacontos de igualdade aventuras emocionantes nas que os nenos son protagonista. Marisa Irimia tróuxonos na súa maleta aventuras das que fixo que participasen os nenos asistentes, ao mesmo tempo transmitiu aos asistentes valores de igualdade.



Este sábado disfrutamos dun musical moi especial na Biblioteca Pública de Moaña. Maria Faltri e Jorge Juncal fixéronnos cantar e gozar co seu espectáculo SOÑANDO INVENTEI.
Coma sempre, contamos coa colaboración de intérpretes en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.

O sábado 26 de outubro iniciamos en Catoira as celebracións de Samaín cun espectáculo de Inacio Vilariño, de Fantoches Baj. En “Espantamedos” este magnífico artista conta, canta, toca e baila para mostrar á rapazada que detrás dos nosos medos hai sempre unha explicación e que, coñecer eses motivos pode axudarnos a superalos. Foi un espectáculo do máis divertido, que mantivo ao público cos ollos e as orellas ben abertas.

O pasado venres aprendemos moito sobre Antonio Fraguas e as nosas tradicións no Ler Conta Moito de Tirán con Larraitz Urruzola.
Coma sempre, contamos coas intérpretes en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.

O vernes pasado gozamos na nosa Biblioteca dun espectáculo fantástico. Os artistas Pérez&Fernández viñeron a alegrarnos a tarde cunha actividade que combinaba varias linguas dun xeito moi divertido e didáctico. O público asistente, tanto cativos coma maiores, prestamos atención dende o primeiro minuto ata o último. A función destacou entre outras cousas, pola orixinalidade da trama dos contos e sen dúbida, pola grandísima experiencia que amosaron durante toda a función os artistas, que souberon conectar cos nenos dunha maneira moi próxima. A actividade encantou, moi recomendable.

“Hai algo máis aburrido que ser princesa?” e, a continuación, “Cando as nenas voan alto”, foron as narracións que Pedro Brandariz, co seu peculiar e divertido estilo, dramatizou para o público asistente, provocando a reflexión sobre a desmitificación dos estereotipos de xénero.


A cabeza do dragón: un espectáculo de títeres dirigido a niños y niñas de 5 a 11 años. Inspirada en la obra de Valle Inclán, está protagonizada por el Príncipe Verdemar, que tras ser desterrado, tendrá que luchar con monstruos y dragones para poder regresar a su casa triunfalmente.
Na Biblioteca de Viveiro tuvemos unha sesión de contos inglés- galego que moito disfrutaron nenos/as.


O martes 22 de outubro ás 17:30 horas, Patricia de Eduvia contounos varios contos sobre a igualdade. Intercalando contos, actividades e xogos, intentou transmitir aos nenos e nenas que o importante é desfrutar, ler e xogar; pois non hai contos de ningún xénero. Pasámolo moi ben.


Séguenos