Obradoiro científico en Santiso
O pasado 14 de xullo os cativos experimentaron como verdadeiros científicos. Promovendo a ciencia creativa e manipulativa.

O pasado 14 de xullo os cativos experimentaron como verdadeiros científicos. Promovendo a ciencia creativa e manipulativa.

Este ano puxemos en marcha unha nova proposta pensada para que os máis pequenos da gardería municipal puidesen tamén disfrutar das actividades organizadas dende a nosa Biblioteca. Dentro do programa Lecturas e Miúdas, e através da actividade Bibliocanta, os nenos e nenas gozaron dunha proposta que lles permitiu descubrir e revivir o cancioneiro popular galego dun xeito lúdico e participativo. A través de cantigas, xogos e recitados, conectaron coa nosa cultura oral dun xeito vivo e divertido. Ademais, fixémoslles entrega do seu primeiro carné da biblioteca e deixamos un lote de libros para enriquecer os recunchos de lectura do centro. Foi unha experiencia entrañable que deixou un ronsel de emoción e moitas ganas de seguir compartindo historias e cancións.
Antía Yañez acompañada de nenos e nenas rescataron en Arzúa, libros, autoras, e protagonistas, seguindo as pistas que se agochaban na biblioteca.
O mago da Boina e a maga Nami entretiveron coas súas maxias contadas ao público familiar que participou e interactuou coa maxia dos contos.
Biblioteca municipal de Riós.

Hoxe 22/07/2025, pola mañá, poidemos disfrutar da actividade Obradoiro de globoflexia 2.0- Maxia. Tivo unha excelente acollida, moi divertida. Unha mezcla moi interesante e con música moi animada.
IV Feira da Cultura EnCaMiño
O pasado día 19 de xullo e dentro da progamación da IV Feira da Cultura EnCaMiño, tivemos a sorte de contar con Paco Nogueiras. Nenos, nenas e maiores gozaron bailando e cantando as cancións de Son Animal.
Paco Nogueiras en Miño unha actuación xenial.

Na mañá do 10 de xullo a cativada do campamento de verán e outros nenos da contorna, puideron desfrutar dos contos que lles contou a cadeliña Becki desde a súa biblioteca: historias dos seus viaxes, e cancións que aprendeu polo mundo.
Venres, 18 de xullo de 2025
Obradoiro no que as nenas e nenos de Parada de Sil, da man da galiña Rosiña, crearon novos persoaxes de pasta de papel en 3D para dar vida a novas historias e mesturar personaxes, revisando os estereopitos de xénero dos contos tradicionais.








Xoves día 10 de xullo de 2025
Os rapaces e rapazas do Concello de Parada, da man da exploradora Jeanne Baret, involucraronse nunha misión moi divertida na Selva Pitiminí, onde todos os participantes acabaron converténdose en auténticos exploradores a través dun espectáculo onde se mezclan o teatro e o xogo.


![]()


Séguenos