CARMIÑA, A MEIGA EN CAMARIÑAS

Cristina Collazo ofreceunos un espectáculo máxico que curou tódolos males e medos de nenos e adultos dun xeito divertido e cunha escenografía impecable.


Cristina Collazo ofreceunos un espectáculo máxico que curou tódolos males e medos de nenos e adultos dun xeito divertido e cunha escenografía impecable.

Celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda Historia de Brancaflor a cargo de Culturactiva que encantou ao público.

O luns 29, co gallo do día da Biblioteca, tivemos en Santiso a actuación do mago Pedro Bugarín.
Foi unha actuación con maxia e obradoiros que lles encantou aos participantes.

O luns 29 de outubro tivemos unha visita moi especial.
Partindo do seu libro-CD, Paco Nogueiras e a súa “máquina” nos invitaron a viaxar polas datas máis salientables de Galicia (o magosto, o samain, o nadal…).


Coa actuación “Brinca vai ! de aquí a acolá”, os nenos/as e adultos disfrutaron, riron, cantaron e bailaron.

Actividade moi divertida e moi recomendable.
O pasado xoves, día 25, puidemos disfrutar do espectáculo de maxia de Leo Leiño e a súa axudante Cris.
Ambas lograron cos seus trucos de maxia e as súas ocurrencias despertar o interese dos máis pequenos así como dos adultos.
O espectáculo estivo cargado de trucos de maxia nos que os propios nenos e nenas participaron e tamén nos que houbo moita diversión.






O martes 30, na biblioteca comezamos moi ben a mañá, asistindo a un encontro coa autora Eva Mejuto. Expectantes, un grupo de mozas e mozos de 2º de ESO.
Baixo o título de “TRANSformando o mundo” achéganos a profundizar e reflexionar sobre a diversidade sexual. Tomando como punto de partida a súa novela xuvenil 22 segundos, vai desenvolvendo cuestións como a identidade de xénero e a orientación sexual a partir do protagonista da historia, Álex. Tamén as canles FTM en Youtube, a testosterona…
Comeza compartindo coa mocidade asistente o por que da súa historia, como xurde, que a leva a escribir esta novela. Hai que destacar que é un proxecto, ata o de agora, pioneiro na producción editorial galega dirixido a lectorado xuvenil.
Vai intercalando aspectos literarios da obra coa distinta terminoloxía do tema. Interesa da novela o que conta e como se conta. A voz narrativa, a extensión dos capítulos, a estructura, os personaxes, tanto os presentes como os ausentes, o estilo…
Compara o paralelismo que se da entre a estructura dunha novela e a dunha serie de televisión, dando pé a ver con claridade certos aspectos da novela.
Eva Mejuto consegue crear un ambiente entusiasta entre a mocidade asistente. Transmite moi ben a necesidade de TRANSformar o mundo. Un encontro que resultou xenial.

O mago Richard abraiou a pequenos e maiores cun espectáculo no que os libros foron protagonistas dos seus trucos.
Contacontos do raposo Rufo que trata sobre a reciclaxe, a natureza e o seu coidado, no que fixeron partícipes aos nenos ensinándoos a reciclar. Obradoiro final no que os pequenos desenvolveron o visto na actividade facendo un debuxo reciclando material.

Os alumnos de 1º da ESO dos institutos de Sada desfrutaron con este obradoiro cheo de humor no que realizaron eles mesmos a dobraxe dunha película con guion especialmente creado para a ocasión.
Dentro das celebracións do día da biblioteca, o día 25 de outubro o mago Pedro Bugarín ensinounos algúns do seus trucos de maxia, e puidemos ser magos por un día.



Séguenos