“A LANTERNA MÁXICA” VISITOU A BIBLIOTECA CENTRAL MUNICIPAL DE ARTEIXO “HENRIQUE RABUÑAL”
Este martes, 17 de outubro o Club de Lectura da Biblioteca participou dun obradoiro creativo por conta da “Lanterna máxica” que mesturou as lembranzas do cine, teatro e literatura de cada un dos participantes. Cada participante expuxo a súa historia favorita relacionada cos temas anteriormente mencionados para rematar construíndo un relato único que fascinou aos asistentes. Os participantes pasaron unha tarde distendida participando da actividade que tivo unha duración de preto de dúas horas.



















Séguenos