VOLVEN OS CONTOS Á BIBLIOTECA DE “O FROXEL” Fco.A.Vidal – ARTEIXO con FRAN CAMPOS de BANDULLO AZUL
O día 3 de outubro, volveron os contos á Biblioteca de O Froxel “Fco.A.Vidal” de Arteixo, da man de Fran Campos de Bandullo Azul e a monicreque FILIPA, para facer un percorrido polos contos máis tradicionais, a través da palabra e da súa guitarra con música en directo. A rapazada participou moi activamente co personaxe, lembrando tamén ás obras infatís de Carlos Casares.




Onte, martes 3 de outubro, Pavís Pavós visitounos de novo na Biblioteca Manuel María de Oleiros cun feixe de contos cheos de tradición oral, musicalidade e valores universais que van deixando pegada en cada un de nós.
F
átima Fernández deleitounos con contos que recordaba que llos contaba seu avó, sucesos ocorridos en Foz, a norte dunha nena que foir tirada polo seu pai ó río. A historia dun labrego que non quería traballar e converteuse en ladrón de luba branca e logo casou cunha ladroa e tiveron unha filla que naceu cun problema na man e co tempo descubriron que non eran quen de abrila por que tiña nela o anel da matrona que a axudou a nacer. Un gaiteiro que foi andando para Mondoñedo e non fixo caso da advertencia de que polo camino había lobos, atopouse cun e pensou que como a música amansa ás feras pois tocoulle cancións, pero apareceu un lobo xordo que o terminou papando. E por último unha historia de amor entre dous mozos que se coñeceron cando o mozo estaba facendo a mili, cando este rematou marchou e estiveron 30 anos sen verse, o voltarse a encontrar os dous eran viuvos e decidiron xuntarse e viven nunha residencia de anciás.







Jorge, teclados, guitarra, coros, María, voz estiveron no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro para achegarnos música e cancións con cada letra do abecedario tantas aventuras como queiramos crear! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Os nenos do CEIP interactuaron moito con Jorge e María, fixeron de fadas, do xigante elegante, ata se atreveron a improvisar un rap…Ao remate da actuación cantaron todos xuntos a canción da formiguiña, Jorge e María, despedironse cunha pechada ovación entre solicitudes de máis bises. Un público totalmente entregado e participativo que non esquecera a este dúo fácilmente.



Séguenos