Divermaxia co Mago Paco en Esgos
O venres pasamos unha tarde de libros e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia.

Acudiron moitos nenos e nenas, e tamén maiores que participaron dunha actuación chea de maxia e risas.
O venres pasamos unha tarde de libros e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia.

Acudiron moitos nenos e nenas, e tamén maiores que participaron dunha actuación chea de maxia e risas.
Na biblioteca de Castrelo de Miño, o día 28 de agosto ás 12 horas, tivo lugar a actuación MaxicoSons, a cargo do músico Álvaro Muras e do ilusionista Martín Camiña.

Foi unha actividade moi concurrida debido a que era día de feira na nosa localidade, achegandose moitos cativos e cativas cos seus país.

O día 3 de setembro visitou a biblioteca de Covelo Raquel Galavís. Cos seus cantacontos fixo disfrutar, cantar e bailar a pequenos e maiores. Unha actividade para todos moi amena e participativa.
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés presentou na Feira do Libro o espectáculo “Brinca vai” de Paco Nogueiras. Un gran número de participantes, 77 nenos e nenas gozaron a rabiar coas cancións de Paco. Máis información en BLOGGIT o no noso blog da sala infantil
Onte á mañá os nenos e nenas de Viana do Bolo crearon o seu particular Animalario Fantástico.
Unha actividade onde a imaxinación e o lecer son os protagonistas.


Esta mañá estivo Anxo Fariña na Biblioteca de Muxía, facendo un obradoiro creativo sobre as súas personaxes. Os nenos e nenas aprenderon a debuxar aos ” pelelliños”, e crearon o seu propio pelelliño. Un pracer disfrutar co debuxo en directo de Anxo.



O xoves 25 de agosto as 19:00h acollemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas o espectaculo de Luis Vallecillo ” Cantamos un conto na biblioteca” onde os rapaces acompañados dos seus pais disfrutaron participando da actuación cantando e bailando.


O mercores 24 de agosto as 19:00h recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a actuación de Migallas Teatro que representaron un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestións como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Neste obradoiro práctico creamos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñecimos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. E xa comprobamos da man de Guitián que non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).
O martes 23 de agosto as 19:00 h dentro da programación cultural das Festas das Dores
recibimos na Biblioteca Pública de Ponte Caldelas o espectáculo “Cabaret Infantil Prodixio”, das Irmans Prodixio. Unha maleta chea de medos aos que todos os asistentes plantaron cara e moitas historias que atraparon aos máis pequenos completaron a tarde.


Séguenos