CONTOS CON DADA A DUENDE
Unha maneira ben interesante de contar e que gusta moito os nenos e nenas.So co vestiario e coma se fosen aqueles contos populares foi de quen logras a atención e diversión de todos .
Unha maneira ben interesante de contar e que gusta moito os nenos e nenas.So co vestiario e coma se fosen aqueles contos populares foi de quen logras a atención e diversión de todos .
Trinta bebés, acompañados de pais, nais e irmáns, participaron o sábado na actividade de contacontos “O curral de Cocoricoricó” a cargo de Charo Pita

Os asistentes asistiron ás aventuras e peripecias de Cocoricoricó e os seus compañeiros de curral na búsqueda do Arco da Vella. Xogaron, cantaron e pasaron un momento de lecer en familia.

O día 31 de marzo os nenos e nenas de Alfoz estiveron moi entretidos coa actividade de Charo Pita, “O curral de Cocoricoricó”, co motivo da celebración do Día do libro Infantil. Tanto os pequenos como os seus país pasaron un intre moi divertido e quedaron encantados.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O domingo 2 de abril conmemoramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil en Catoira con un divertido obradoiro de ciencia que converteu por unha tarde a biblioteca nun laboratorio. O divulgador Manuel Vicente recreou a escena dun crime para explicar aos participantes como se utilizan as mostras de ADN para resolver moitos casos reais. Para iso, seguiron as pistas atopadas na escena do crime e mesmo fixeron un experimento consistente en extraer o ADN dos chícharos. Toda unha experiencia!

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o pasado sábado a sesión de contos e obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad. Un grupo de rapaces acudiron á actividade para aprender a contar con sombras chinescas. Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas.
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidamos a que Madame Bechamel e Signorina Bolognesa cociñasen en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaban un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

Estas dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas fixeron as delicias do público da man de Trécola Teatro.

33 nenos e moitos papás festexaron o Día do Libro Infantil na Biblioteca de Miño. Os encargados de facer pasar a todos unha boa maña de Sábado foron os xeniais compoñentes de Teatro Calavera. Grandes e pequenos disfrutaron co teatro e co doce Obradoiro de alimentación
A actividade engaiolou aos nenos e nenas asistentes que quedaron maravillados ante os relatos e a orixinalidade do espectáculo: Unha casa que se vai construindo a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre.

MOITAS GRAZAS, PABLÍSIMo
Nenas e Nenos estivemos contigo celebrando O Día do Libro Infantil e Xuvenil. Pais e cativos estiveron moi entretidos coa actividad de Pablísimo. Moi recomendable por todos os presentes.
No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…
PABLÍSIMO QUIXO PARTICIPAR NO CONCURSO DE ANDERSEN HOY co seu conto de Andersen:
“Principas e princesos”
que contou ás nenas e nenos que estiveron na sala infantil o sábado 1 de abril
Visítanos no BLOGGIT o noso blog da sala infantil-xuvenil
Este venres 31 de marzo visitounos Fuco, un dos nosos amigos de Lonxedetodo, para celebrar o Día do Teatro co seu novo contacontos teatral “Os ratiños da caixa”.

Viña acompañado de tres ratiños moi trastes que fixeron as delicias de pequenos e grandes e contou moitos contos de ratos. A sesión foi estupenda, cun cheo absoluto e con moitas recomendacións de lecturas por parte de Fuco. Ademáis de divertinos, ensina valores e contaxia a súa paixón pola lectura.

Actividade absolutamente recomendable!



Séguenos