28/04/2025
O pasado 25 de Abril ás 18h, tivemos a actividade «Chocolate co cociñeiro Antón e a pastelera Tomasa». Teatro e Manualidade Infantil para tódolos/as socios/as da Biblioteca (de 3 a 9 anos), previa inscrición a partir das 10h. do luns 21 de abril.
Sinopse: O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa amósannos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos.A pasteleira Tomasa contarnos como gañaron o Premio “Máster Comellón” grazas á súa orixinal receita “Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue”.
Despois do conto realizamos un obradoiro de cociña de chocolate co público asistente.
*Nota importante: Tódolos pais/nais dos/as socios/as participantes deben indicar por escrito (documento na propia biblioteca) sobre posibles intolerancias alimentarias dos/as seus fillos/as.

Reel: https://youtube.com/shorts/IVeR3BWqq6E?si=HRrUWmD_-0OQuqU7
Imaxes Redes sociais:
– Facebook: https://www.facebook.com/photo?fbid=994624912875139&set=pcb.994625249541772
– Instagram: https://www.instagram.com/p/DI4PG83IEa-/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
– X (Twitter): https://x.com/bibliotecaverin/status/1915819482863304795
Séguenos