Un saco de contos en Vilalba
Nas vacacións de semana santa gozamos dun Saco de contos da man de Ángeles Goas. Un acerto para grandes e pequenos!

Nas vacacións de semana santa gozamos dun Saco de contos da man de Ángeles Goas. Un acerto para grandes e pequenos!

O 23 de abril a personaxe de Xurxo trouxo a Rois unha divertida e emotiva velada, a través das súas vivencias na escola de señoras e señores na que sufriu situacións moi duras de acoso escolar que foron convintemente resoltas e que chegaron moi fondo ao público asistente. Esta historia foi o pretexto para contar a historia de Rufus, un morcego que case perde a vida por simplemente ser diferente.

A contada supuxo unha moi fermosa reflexión tanto para os nenos e nenas como para as familias, sobre o respecto á diferenza, tratada de forma moi vivencial e delicada. Grazas Malasombra Teatro por facer desta celebración do Día do libro unha velada tan especial!

Na biblioteca da Capela festexamos o día do libro con Leo Leíño e a súa “Maxía tola e lectora” Amosounos unha maxía referida a libros coma “Alicia no país das maravillas”, ” O patiño feo”etc.., a verdade que foi un espectáculo moi divertido e os nen@s prestoulles moito ver eses números de maxia e moito máis participar deles.






Onte , grazas a colaboración do CEIP de Quiroga, celebramos o Día do Libro na Casa da Cultura co Mago Paco e o seu espectáculo “Hocus Pocus”.
Celebrando o Día do Libro na Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Camba” de Vilanova de Arousa

Manuel Solla, a través do seu espectáculo “Viaxa cos libros” foi capaz de facer voa-la imaxinación de todos os nenos e nenas asistentes á Biblioteca Municipal Irmáns Camba o mércores 23 de abril.

Unha actividade entretida e dinámica , na cal participaron activamente os nenos provocando neles momentos de risas e sorpresa.

Graciñas a todos os que nos acompañáchedes!
Dori pediu a colabo
ración dos nenos e nenas para facerlle agasallos a súa avoa
que estaba de cumpreanos,
sí sí oitenta anos cumpría ,
algúns non lle sairon ben pero outros sí.
Onte 22/04/2025 na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu démoslle a benvida ao día do Libro co comezo da actividade de animación á lectura, Contos na biblioteca, esta actividade continuará o vindeiro día 29 de abril na Biblioteca de Beluso e rematará o 8 de maio na Biblioteca de Cela. Onte a rapazada divertiuse moitísimo coas historias do Gato Fazulas que acompañado do profesor fixo as delicias dos máis pequenos e tamén dos adultos que os acompañaron. E dende a biblioteca agradecer a visita tanto dos usuarios como a actuación de Fran co seu inseparable gato.


O martes 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa, desfrutamos cantando e bailando co musical “Os ourizos”. Un contacontos musicado con monicreques no que a rapazada da Laracha disfrutou moitisimo.

O venres 11 de abril, desfrutamos do conto de “Aldara na montaña” de Soraya Lema, un conto moi participativo no que todos os nenos/as alí presentes puideron formar parte da historia de Aldara de forma activa. Unha sesión moi divertiva e enriquecedora.


Séguenos