MIGALLAS TEATRO COS MÁIS PEQUENOS DA BIBLIOTECA: OS CONTOS DO CHUPETE EN CARRAL

TARDE DE CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA, MÚSICA, CONTOS, RISAS E MAXIA, MARABILLOSO!!!!!

TARDE DE CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA, MÚSICA, CONTOS, RISAS E MAXIA, MARABILLOSO!!!!!
O pasado venres 1 de abril, a Biblioteca Municipal Luís Rei encheuse de cor y gargalladas grazas a Barafunda e o seu espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar”.
Quixemos celebrar por todo o alto o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. A biblioteca contou con numerosos usuarios; comezamos coa lectura do manifesto a prol da lectura, realizada por rapaces e rapazas que asisten habitualmente ás actividades das tarde. Visitáronnos tamén integrantes de Bata, Anpa Os Mecos e Por Dereito, que traballan pola inclusión de persoas con autismo.
A xornada resultou moi divertida e agardamos poder volver a contar moi pronto con todos eles!





Celebramos o Día do libro infantil co espectáculo MANS de PABLÍSIMO onde as historias cóntanse con palabras e as personaxes aparecen nas mans. Pablo adoptou un caracol, un Animal de Conto moi divertido, que a nenos e nenas entusiasmou.
Máis información no BLOGGIT o blog da sala infantil-xuvenil da Biblioteca e poderás ver as nosas novas
Para conmemorar o Día do Libro Infantil invitamos a compañía de teatro Trécola que nos trouxo un divertido espectáculo baseado na obra de “Las tres Reinas Magas” de Gloria Fuertes.
O público saíu moi agradecido e tanto nenos/nenas coma adultos/as
considerárono un bonito agasallo antes do Nadal.
Un grupo de rapaces gozou dun obradoiro levado a cabo por María Lires. Elaboraron máscaras baseadas no libro “O meu pesadelo favorito” do que é ilustradora e fixemos do 2 de abril, día do libro infantil e xuvenil, un día especial
.
Conmemorando o Día Internacional do Teatro, celebramos na Biblioteca a actividade “A Lanterna máxica”, un obradoiro creativo e audiovisual cun grupo de mozos e mozas de catorce anos, no que mesturouse literatura, teatro e cine cun resultado espectacular e moi divertido.


Manuel Solla, de Expresión Producións, voltou á Biblioteca Ánxel Casal, a contar os seus contos, pero tamén a celebrar o Día Internaciónal do Libro Infantil, o sábado 2 de abril deste ano 2016.

Manuel leunos a mensaxe en forma de historia que a escritora brasileira Luciana Sandroni escribiu para conmemorar esta data, xunto coa ilustración de Ziraldo.

Manuel veu cargado de libros, bonecos e monicreques para representar a todos os personaxes que andan polos contos e as historias narradas.

Foi unha mañá moi divertida na que construímos outra biblioteca dentro da nosa biblioteca.
Máis información sobre este evento clicando aquí
A actividade realizaouse con total normalidade. Hay que destacar que os máis cativos aguantaron cerca de hora e media sen levantarse da mesa, debido ao interesante que resultou este taller. Foi moi positivo debido a que os nenos lograron un acto nivel de concentración, tranqulidade e relaxación, obxectivos que eran os que se trataban de conseguir coa celebración deste taller.
Por outra banda, tamén sería interesante volver a repetir estaa actividade pero con outro segmento da poboación, por exemplo, xente adulta ou persoas maiores, para ver si se conseguian os mismos efectos: concentración, maior tranqiuilidade e un alto nivel de relaxación.
Os rapaces que participaron neste obradoiro foron oitro con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos.
O Domingo 3 de abril, grazas a Solidaridade Internacional de Galicia e da man de Irene, os nenos/as, nais e pais viaxaron a Guatemala para coñecer moitos detalles deste fermoso país: costumes, alimentación, paisaxes, música, baile… e un conto moi antigo. Actividade moi enriquecedora e participativa, na que os nenos/as descubriron Guatemala cos seus cinco sentidos.

A compañía Educultoras realizou a súa obra Tecendo novos soños o 1 de abril na biblioteca municipal de Tordoia. Da actuación puideron gozar arredor de trinta nenos e nenas con idades comprendidas entre os sete e os nove anos.



Séguenos