MAGÍN BLANCO CON LIBROS EN-CANTADOS EN CAMARIÑAS
Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Conta-contos con títeres, obxectos e música para nenos de máis de 3 anos, dentro da Programacion das Letras organizada pola biblioteca municipal.

O xoves 14 de maio ás 18:00 h. Eduvia por medio dun dirvertido xogo por equipos, neste caso dous “Rosalía de Castro” e “Castelao” e lanzando un dado por quendas , os participantes realizaros as accións que se lles indica, probas, pictionary, a crear, sorpresa ,todas estas accións están relacionadas co Día das letras Galegas e os autores homenaxeados, ao longo da historia, con especial atención á o deste ano José Filgueira Valverde. Ainda que poucos, nenos e adultos participaron nesta actividade mostrando gran interés dun xeito entretido e participativo.
O venres 15 de maio, na Biblioteca de Ordes tivemos “Maxia cómica”. Celebramos o “Día das Letras Galegas” e pasámolo moi ben!



Magin Blanco, autor de libros de cancións infantís como “A nena e o grilo nun barquiño” ou “Gatuxo” e colaborador noutros como “María Fumaça” ou “Xiqui xoque, fiú fiú” estivo sábado 16 de maio na Biblioteca Municipal do Grove.

Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, da Rosalía pequeniña… e quen sabe se algunha outra sorpresa nos trouxo este músico, que nos levoucoas suas creacións a tantos lugares como soñamos.

Unha mañá moi musical e entretenida na compañía de Magin Blanco. Hora e media de cancións e diversión na que grandes e pequenos cantaron, tocaron palmas e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista nunca biblioteca abarrotada.

O venres dia 15 coincidindo coa celebración das “Letras Galegas 2015″, visitounos Raquel Galavís. Unhas 95 persoas entre nenos e adultos disfrutamos desta actividade de dinamización con música, danza e por suposto contos.Bailamos, cantamos e soñamos acompañados pola guitarra do seu compañeiro. Raquel púxonos en movemento coas mans, cos pes e o final con todo o noso corpo.Pasámolo todos xenial.
Charo Pita, narradora de contos, visitou a B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo para celebrar o Día das Letras Galegas. A través de varias narracións de autoría propia, pero tamén doutras autoras e autores, falounos de igualdade. Coa “Mosca tola” aprendemos a voar en liberdade; a través da historia de Elenita, un conto mexicano, vimos que os soños ao igual que as profesións, non entenden de xéneno; co “Cabaliño de mar” aprendemos que na natureza hai papás que poden parir fillas e fillos; con “O Papón” pasamos medo no faiado, e con “Igor” aprendemos que as mulleres e homes “como é debido” non se distinguen polo seu físico, senón polos seus actos. Todas estas historias fixeron as delicias das nosas nenas e nenos que gozaron dunha tarde entre libros para celebrar o 17 de maio.
Chegou á biblioteca de Xermade un personaxe máxico moi ben caracterizado que se facía chamar Dada e que lles contou aos nenos contos de animais como o do “gatiño branco negro” ou o do “lobo feroz” e tamén contos de nenos que viven nunhas condicións moi diferentes ós nosos como o conto da nena que vivía en Burkina Faso. Durante a sesión os nenos participaron activamente nos contos cantando estribillos de cancións e colaborando na teatralización dos animais dos contos, facéndose parte imprescindible dos mesmos. A contadora tamén aproveitou para concienciar ós nenos en valores como a igualdade o respeto polo medio ambiente ou a convivencia e a colaboración de todos nas tarefas domésticas. E ademais contoulles os rapaces, de maneira sutil e lúdica, como funciona o servizo de em préstito da biblioteca animando aos participantes a levar libros para a súa casa.



Séguenos