O sábado 16 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións).
A actividade “Conto Contigo” resultou interactiva, participativa e moi divertida para todos os nenos/as.
Comezamos a celebración da semana das LETRAS GALEGAS 2015, e o Programa LER, CONTA MOITO con Marta Ortíz que presentou “CORES: Contos con obxectos de reciclaxe e música””
Os nenos de Touro coñeceron a historia de Violeta e a súa familia e grazas a eles descubriron que os problemas teñen solucións e os soños poden ter as cores que queiramos.
A continuación un músico, Álvaro Muras e un mago, Martín Camiña con “MaxicoSons, unha aventura entre libros” promoven a lectura cun formato orixinal, interactivo e divertido.
Nenos e maiores puideron desfrutar dunha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura cos seus xogos máxicos e musicais.
O día 14 de maio na biblioteca de Vilalba tivemos unha sesión de contacontos titulado “Contiario”, a cargo de Os Contos de Pablisimo. Un espectáculo no que collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, fábulas, cantares de cego, adiviñas, contos con moitos finais.

Actividade na que tanto nenos coma pais participaron activamente e disfrutaron dunha hora de lecer.

Dunha maneira divertida os nosos lectores e lectores achegáronse ó mundo dos nosos antergos a través do traxe rexional.
Na tarde do xoves do 14 de maio, para festexar as Letras Galegas, chegou á biblioteca municipal, da man de Avoa Youja o espectáculo “Soñei que era unha árbore”; espectáculo que recreou o nacemento dunha árbore a través da música e imaxes creadas con xogos de luces e auga. Tantos os cativos como os familiares que os acompañaban quedaron abraidos co mesmo e non perderon detalle.


O sábado 16 de maio ás 12:00, Ana Hermida tivo unha sesión de contacontos pola igualdade na sala infantil da biblioteca de Chantada.
Os asistentes puidemos disfrutar dunha amena sesión de contacontos sobre a igualdade de sexos.

Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
Teatro Calavera estivo na BPM de Camariñas coa obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro creativo de magadalenas con fondant.
Resultaron exitosas as dúas actuacións. Os nenos/as gozaron tanto da obra coma facendo as súas creacións coas magdalenas. O grao de satisfación foi moi alto. A escenografía moi traballada e a posta en escea impecable.

Seguindo coa programación de Ler Conta Moito deste ano 2015 en BiblioPazos tivemos con nos o pasado venres 15 de maio, ás 11:00 da mañá, aos alumnos de 5ª de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos co obxecto de celebrar o Día das Letras Galegas. E fixémolo co obradoiro “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” dos nosos amigos de Eduvia.
Durante unha hora e media a través de dirvertidos xogos por equipos (“Maria Mariño”, “Rosalía de Castro” e “Anxel Fole”) no que lanzando un dado enorme, por quendas, os participantes ían realizando as probas indicadas -pictionary, a crear, sorpresa…- todas relacionadas co Día das letras Galegas, coa súa historia, e cos autores homenaxeados ao longo do tempo, con especial atención ao deste ano, o historiador, escritor, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Unha divertida, animada e participativa forma de aprender cunha actividade na que o pasamos moi ben.
Aquí deixamos unha mostra…


Séguenos