O venres 15 de maio, co gallo da celebración do día das Letras galegas, pais e nen@s participaron nun divertido xogo por equipos, onde as preguntas versaban sobre a figura de Filgueira.

Para celebrar o día das Letras Galegas, o día 20 tivemos na biblioteca CANTACONTOS con Raquel Galavís. Disfrutamos moito cos seus contos, cancións e bailes.
O pasado 14 de maio na Biblioteca Ágora celebramos dunha forma especial o Día das Letras Galegas, data simbólica na que poñemos en valor como pobo o feito de contarmos cunha identidade, cultura e lingua propia. A forma escollida desta volta foi unha sesión de narración oral que desenvolveu Avelino González para os nenos e nenas de 6º de EP do CEIP San Pedro de Visma.
O recoñecido actor galego de teatro, cinema e televisión conseguiu captar toda a atención dos asistentes coas súas historias dramatizadas, cun pé no real e outro no ficcionado. Para alén da súa capacidade de envolver con palabras aos mozos e mozas, quixo tamén facelos partícipes das historias interaccionando con eles en diversos momentos da sesión.
A actividade resultou un verdadeiro éxito, tanto polo dinamismo e viveza coa que se desenvolveu como pola propia valoración dos alumnos e alumnas asistentes.
As actividades da biblioteca comezaron o venres 15 de maio pola mañá cunha sesión de contacontos para os nenos e nenas do CPI a cargo de Marisa Irimia, quen lles mostrou toda a riqueza da tradición oral galega. Contos recollidos aquí e alá, contos escoitados dende nena nas sobremesas da casa dos avós, contos de animais e e contos de tema marabilloso, desenredados dende a saudade de Ramón Piñeiro; unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo.
O día 18 de maio, continuando coa programación das Letras Galegas a Biblioteca contou coa actividade “Fotoconto”, os nenos asistentes convérteronse en protagonistas dun conto, tiñan que escoller diversas palabras coas que artellar a súa propia historia na que as súas fotos foron as ilustracións do conto. Foi unha actividade chea de imaxinación e creatividade. Mentras os pequenos poñían toda a imaxinación as nais levaban máis dunha agradable sorpresa coas recreacións dos seus fillos.
![20150518_190035[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2015/05/20150518_1900351-300x180.jpg)
![CAM00501[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2015/05/CAM0050111-300x200.jpg)
O pasado venres 15 de maio, dentro do programa Entre arrolos e contiños que mensualmente organizamos na biblioteca, contamos coa presenza de Bea Campos e Davide González nunha nova sesión dos Contos do Chupete!
Foi unha tarde do máis divertida, como sempre chea de contos e música que fixeron gozar aos máis pequenos da biblioteca!
Entre arrolos e contiños. Os contos do Chupete
Próxima sesión: venres 19 de xuño | 18h
*Inscrición a partir luns 1 de xuño a partir das 17.00h
O domingo día 17 de maio para festexar o Día das Letras Galegas, Migallas Teatro representaron o espectáculo “Merenda con pan de millo”, con narracións e cancións propias e tradicionais.
Os espectadores estiveron moi participativos cantando e bailando, tanto nenos como adultos.
A posta en escena foi sorprendente e cautivadora.
Raquel desenrolou a actividade a través de tres contos onde duendes, músicos e chivos fixeron a súa aparición.
Todo iso con música en directo.
O día 18 de Maio as 11:00 h. da mañá tivemos na Biblioteca Pública Municipal de A Rúa o obradoiro “IMOS XOGAR CON XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE”, actividade para celebrar a data das Letras Galegas. Participaron 40 alumnos dos cursos 5º e 6º de Primaria do Colexio Pablo VI-Fátima da localidade. Patricia, a monitora do obradoiro, escomenzou a actividade facendo 4 equipos –Rosalía da Castro, Castelao, Anxel Fole e María Mariño-a continuación , a través de divertidos xogos, no que lanzando un dado xigante por quendas , os participantes tiñan que realizar as probas indicadas-pictionary, a crear, sorpresa…-todas elas acordadas entre todos os compoñentes do equipo. Tamén crearon un conto, ilustraron a portada dun libro inventado. Para rematar o obradoiro a monitora propuxo a palabra-“chuchamel”-da que cada equipo tiña que describir o seu significado, cada un deu unha definición do máis divertida, a monitora dixo o significado correcto. Todos os nenos disfrutaron e sairon contentos.




Séguenos