


Día 2 de outubro de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para desatar a maxia e animar a participar na Noite na Biblitoeca do 23 de outubro coa que celebraremos o Día da Biblioteca (o 24 de outubro), convidamos a Leo Leíño a visitarnos.

Cunha música que xa anunciaba moitas cousas, apareceu Leo para deleitarnos coas súas historias de… turbantes? cordas máxicas? lume misterioso? Desde logo deixou a todo o público asistente, grandes e pequenos, altos e baixos, de pé, sentados e tirados polo chan, coa boca aberta.

Coa axuda da súa axudante Cristina, de primeiras xa vai e nos saca de ningures á coelliña de Indias Vermelliña!. Despois, resulta que tén unha corda que lle regalaron na India e que se pón tesa se todos os asistentes llo piden á vez. Non foi este o único animal que nos visitou: había unha nena que imitaba tan ben ós animais que ata poñía ovos coma as galiñas! Ou sería unha galiña imitadora que se disfrazou de nena?
Logo, no xogo do conto do Can branco, o can cambia de color non se sabe como porque o axudante non di ben as palabras máxicas, a axudante faino ben e o can volve ser branco, o axudante equivócase non sabemos en que e o can volve ser negro… Unha loucura de gargalladas. Ó final todo é un caos e o can branco acaba sendo un dálmata branco con puntiños negros.

Para maior asombro dos asistentes, o libro A viaxe ó centro da Terra de Xulio Verne, recén chegado da súa viaxe ó centro do noso planeta, que está cheo de lava ardente, non se pode ler porque ven tan quente que tan pronto se abre comeza a arder!
Non foi o único libro que nos amosou Leo. Outro que mercou para colorear resultou non ter debuxos, e despois de “colorealo con maxia” dixo que xa tiña os debuxos de cores, pero o público era moi incrédulo. Despois de todo o que viran e aínda non crían nela! Déulles nos morros: o libro si que estaba cheo de debuxos perfectamente coloreados.

Tantas cousas máxicas pasaron que quedou toda a biblioteca e asistentes cheos de maxia liberada que a maga recuperou para transformala en luz máxica da que alimentarse para poder seguir facendo maxia.

Pero algunha maxia quedou no aire para que os asistentes, dotados de variñas máxicas (agasallo por ter colaborado e terse comportado tan ben), practicaron a facer os seus propios trucos guiados por Leo: unha carta máxica (tamén agasallo de Leo) que cambia de número cando a xiras, e un bolígrafo máxico que debería facer desaparecer a súa tapa pero que o que fai é desaparecer el mesmo.
Moita risa, moito humor, moita diversión e moito asombro nesta espléndida sesión de maxia na biblioteca que rematamos acarñando a Vermelliña e cunha foto de despedida.

Estivo tan ben, que ata merecemos saír a todo color na prensa!
O pasado sábado, 3 de outubro tivemos a sorte de ter na Biblioteca Municipal de Muxía , a estas dúas artistas- María Lado e Lucía Aldao- co espectáculo “Con dez poemas por barba”. É un espectáculo de poesía, música e humor que achega os poemas destas dúas mulleres dun xeito divertido, pero á vez emocionante. As voces poéticas de María e Lucía non deixan impasible ao público.
Tivemos arredor de 25 peroas no público e disfrutaron moito coa actuación. Moi recomendábel.
Un curioso osiño de peluche lémbralles ás nenas e nenos que un, dende pequeno, ten que soñar e seguir os seus soños.
Unha divertida actuación con títeres celebrada o xoves 1 de outubro Biblioteca de Pastoriza.
Onte 5 de outubro, a Asociación Musical Musicreques visitou a biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, no concello de Arteixo, para representar a obra “Iván e o lobo grís”, asistiron 11 nenos acompañados por 5 adultos, que non perderon detalle da historia contada por medio de títeres e completada con imaxes por medio dun proxector e de música en directo.
O luns, día 5 de outubro, tivemos o gran placer de recibir e desfrutar con Elefante Elegante e a súa obra “O Avidor”.
Dende o pobre aviador que ten que reparar unha e outra vez a súa avioneta ata o moucho de cores que ten un gran problema para non durmir de día, toda unha historia que divertiu e entretivo tanto a cativos como a máis maiorciños.

O pasado venres 2 de outubro pasou pola biblioteca de Ares, o espectáculo ” O lobo bobo”
da compañía Elefante Elegante.
Pasaron todas as familias un rato ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias……

moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”
Ó fin chegaron as actividades de “Ler conta moito” ó Centro Sociocultural de Conxo. Non foi sen tempo¡ como di o conto.
Pero chegaron ó grande; con un espectáculo divertido e con aire de festa que fixo gozar ás corenta nenos e maiores que se achegaron á Biblioteca. Os artistas fixeron rir, bailar e traballar¡ ós pequenos asistentes. Esperamos que despois desta actividade os nenos van ir máis á biblioteca a gozar dos libros que lles lembren os bos momentos que pasaron.


Séguenos