Un curioso osiño de peluche lémbralles ás nenas e nenos que un, dende pequeno, ten que soñar e seguir os seus soños.
Unha divertida actuación con títeres celebrada o xoves 1 de outubro Biblioteca de Pastoriza.
Onte 5 de outubro, a Asociación Musical Musicreques visitou a biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, no concello de Arteixo, para representar a obra “Iván e o lobo grís”, asistiron 11 nenos acompañados por 5 adultos, que non perderon detalle da historia contada por medio de títeres e completada con imaxes por medio dun proxector e de música en directo.
O luns, día 5 de outubro, tivemos o gran placer de recibir e desfrutar con Elefante Elegante e a súa obra “O Avidor”.
Dende o pobre aviador que ten que reparar unha e outra vez a súa avioneta ata o moucho de cores que ten un gran problema para non durmir de día, toda unha historia que divertiu e entretivo tanto a cativos como a máis maiorciños.

O pasado venres 2 de outubro pasou pola biblioteca de Ares, o espectáculo ” O lobo bobo”
da compañía Elefante Elegante.
Pasaron todas as familias un rato ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias……

moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”
Ó fin chegaron as actividades de “Ler conta moito” ó Centro Sociocultural de Conxo. Non foi sen tempo¡ como di o conto.
Pero chegaron ó grande; con un espectáculo divertido e con aire de festa que fixo gozar ás corenta nenos e maiores que se achegaron á Biblioteca. Os artistas fixeron rir, bailar e traballar¡ ós pequenos asistentes. Esperamos que despois desta actividade os nenos van ir máis á biblioteca a gozar dos libros que lles lembren os bos momentos que pasaron.
O xoves 1 de outubro, pola tarde, 65 nenos e nenas e 20 pais e nais asistiron as “Aventuras na cociña” da ratiña Lili Gruyere. Contounos uns contos estupendos e, ao remate da sesión, invitounos a os seus postres saudables a base de froitas e verduras que fixeron a delicia de todos os asistentes.

O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 
O mércores, 30 de setembro como ven sendo habitual nesta biblioteca tivemos a primeira actividade no inicio deste novo curso, desta vez optouse por un obradoiro de marionetas de papel a cargo de Viravolta Títeres, dentro do Programa Ler conta moito. Actividade dirixida por Anxo García que con verdadeira calma e templanza foi conseguindo que cada nena/o realizara os pasos a seguir (doblar, recortar, pegar, etc..) de xeito que o resultado final fóra unha
estupenda marioneta de papel. 
O primeiro paso foi o recoñecemento da utilidade do papel, na construcción dos libros para pasar a outras utilidades no campo da papiroflexia, realizando con habilidade a súa primeira figura de papel, un “comecocos” que resultou a cabeza da futura marioneta, agora só fixo falta engadirlle ollos, cellas, pernas, brazos, etc.. para conseguir un “feitiño” boneco de papel.
Un obradoiro moi completo, ben conseguido e ben dirixido.


Séguenos