nenos e nena de educación infanil do CEIP San Vicenzo e unitarias de Carantoña, Carnés e Castromil pasáronno en grande con Pepiña Maruxiña quere voar.
Hoxe a máxia foi a protagonista da animación a lectura para o alumnado de primaria do CEIP San Vicenzo e CEIP de Baiñas.

O pasado xoves 18 de xuño, arredor de 45 nenos e nenas participaron neste obradoiro na axencia de lectura de Santiso.
Foi unha actividade moi creativa na que utilizaron distintos vexetais (grelos, cogomelos, patacas, zanahorias, xudias, etc) para crear un persoaxe.
A actividade desenvolveuse no entorno do club de lectura do Centro. Era a nosa intención achegar a poesía ás persoas apuntadas ó club. Fixémolo da man deste espléndido poeta e comunicador por varios camiños: o poder evocador das palabras, o ritmo dos versos, o acompañamento do son, a maxia da poesía, a entoación, o xogo. Recitounos poesías escollidas das poetas e os poetas galegos, amais dalgunhas das súas. Unha velada moi agradábel e interesante…
Leo Leíño e a súa compañía foi a responsable dunha tarde de sábado chea de diversión e sorpresas na que o público asistente o pasou en grande participando activamente nos trucos de máxia que fixo na Biblioteca Municipal de Carballedo.
O luns 15 de xuño os nenos e nenas de Viana do Bolo contaron coa visita duns persoaxes de conto moi especiais, que conseguiron sacar os sorrisos de tod@s @s asistentes. 


Un magnífico Paco Nogueiras presentou un espectáculo mezcla de música e tradición que fixo as delicias de pequenos e maiores. Repasamos o máis significativo das nosas festas: o nadal, o entroido… dun xeito amable e divertido.
Día 5 de xuño de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para descubrir que hai alguén máis a quen non lle gusta comer de todo (aínda que ó final resulte que si lle guste…) contamos coa actividade Comechíns na que Alba Bermúdez, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Vimos que tanto nenos como persoas teñen comidas favoritas, e comidas que non queren ver por diante, pero que se se proban, non saben tan mal.
Contos para aprender a probar de todo e descubrir novos sabores e experiencias gastronómicas.
Escoitamos que algúns animais, despois de comer, se transforman.
Cociñamos unha sopa con verduras de moitas cores e sabores (patacas, cenouras, pemento vermello, repolo,…)
Ulimos un conto…
… e soubemos tamén de quen gusta de comer libros…
En fin, que o pasamos tan ben escoitando de comer e comidas, que fomos contentos buscar a nosa merenda.
A actividade desenrrolouse coma estaba previsto ás 19:00h. do mércores 10 de xuño. Neste espectáculo nos achegamos á poesía de Aldaolado, un gran proxecto desenvolto por estas mozas, grandes poetas : Lucía Aldao e María Lado. Unha posta en escea lúdica e divertida, escoitamos os seus versos e tamén doutros autores das nosas letras. Houbo música de David Bowie e outros clásicos. Estupenda a versión de Rocío Jurado ¡ en galego ! e por último un poema de desamor a partir dunha receita de cociña : “Obleas de fígado de porco”.
O venres 15 de mai pechamos o programa de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración cos concellos. Foron os alumnos e alumnas de primeiro e segundo os que acudiron á Biblioteca De Pontecesures para disfrutar do espéctaculo “Conto contigo”, realizado pola compañía Expresión Producións.



Séguenos