O pasado mércores 13 de maio o espectáculo Conto contigo! recalou na AML de Corvillón. dende Expresión Producións, Manuel encargouse de facer gozar aos preto de cincuenta asistentes cos seus trucos mesturados con divertidas historias.
A actividade formou parte da programación especial deste mes de maio na honra das Nosas Letras, grazas a Ler conta moito.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, realizouse a actividade “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” o día 18 de maio. Por medio dun divertido xogo por equipos, os nenos e nenas participantes descubriron a orixe e significado do Día das Letras Galegas, achegándose á obra do autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde. Os xogadores interactuaron activamente co equipo de dinamización divertíndose moito.
O pasado xoves 14 de maio, Expresión Producións despediuse de Cambados na Axencia de Lectura de Castrelo tras ter visitado o resto das parroquias.
Volveu divertir aos nenos con historias mesturadas con maxia. O espectáculo enmarcouse dentro das actividades programadas grazas a Ler conta Moito para celebrar por todo o alto o mes das Nosas Letras.
O pasado venres 15 de maio, a Biblioteca Casa dos Fraga en Cambados contou coa compañía Matapiollos para gozar dunha solleira tarde no xardín e celebrar por adiantado o día das Nosas Letras.
Coñecemos a uns bibliotecarios un tanto curiosos, un deles mesmo un pouco torpe, que andaba detrás duns misteriosos “Comelibros” para darlles captura…aínda que lle foi misión imposible!
Andade con coidado non vaian a colarse nas vosas bibliotecas!
O sábado 16 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións).
A actividade “Conto Contigo” resultou interactiva, participativa e moi divertida para todos os nenos/as.
Comezamos a celebración da semana das LETRAS GALEGAS 2015, e o Programa LER, CONTA MOITO con Marta Ortíz que presentou “CORES: Contos con obxectos de reciclaxe e música””
Os nenos de Touro coñeceron a historia de Violeta e a súa familia e grazas a eles descubriron que os problemas teñen solucións e os soños poden ter as cores que queiramos.
A continuación un músico, Álvaro Muras e un mago, Martín Camiña con “MaxicoSons, unha aventura entre libros” promoven a lectura cun formato orixinal, interactivo e divertido.
Nenos e maiores puideron desfrutar dunha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura cos seus xogos máxicos e musicais.
O día 14 de maio na biblioteca de Vilalba tivemos unha sesión de contacontos titulado “Contiario”, a cargo de Os Contos de Pablisimo. Un espectáculo no que collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, fábulas, cantares de cego, adiviñas, contos con moitos finais.

Actividade na que tanto nenos coma pais participaron activamente e disfrutaron dunha hora de lecer.

Dunha maneira divertida os nosos lectores e lectores achegáronse ó mundo dos nosos antergos a través do traxe rexional.


Séguenos