O Día do Libro na Biblioteca de Cangas
O 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha escenificación dos contos “Ajdar” e “Papamedos” , de Nanoteatro, nos que mexturaron conto, teatro e música, facendo desfrutar enormemente ao público.
O 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha escenificación dos contos “Ajdar” e “Papamedos” , de Nanoteatro, nos que mexturaron conto, teatro e música, facendo desfrutar enormemente ao público.

O día 24 de abril a Biblioteca Pública Municipal de Vila de Cruces, recibiu a Patricia de Eduvía que caracterizada do personaxe Dada o Duende, relatou os nen@s unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais, unha divertida forma de fomentar o hábito lector e o amor polos animais. Rematou a actividade cunha canción na que participaron todos.
O Día 23 de Abril “Día del Libro”, ás 12 da mañá chegaron a Biblioteca Pública Municipal da Rúa, 53 alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Cosme López do Concello, para participar no obradoiro “CreaCancións”, realizado polo músico Miguel Alonso. Os alumnos crearon en grupos de 5 as suas cancións, que coa axuda do profesor do obradoiro espuxeron con diferentes arranxos, para encontrar o estilo que mellor ía coas letras feitas polos alumnos. O finalizar o obradoiro o mestre deu como gañador a un dos grupos. Animar a ler dende outros medios, como neste caso a música fai que se traballen os aspectos do desarrollo da capacidade creativa e as posibilidades de relación entre música e literatura.

O pasado día 23 a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro co obradoiro “Fotoconto” no que os asistentes elaboraron un conto do que eles eran os protagonistas e as ilustracións as súas propias fotos.
O 22 de abril, seguindo ca celebración dos mes dos libros, Marisa Irimia contounos fermosas historias. Esta actividade celevrouse na axencia de lectura de Esteiro ( Muros)
O día 17 de abril estuvo TrinkeTrinke con “Aventuras na cociña” en Muros. Os nenos quedaron encantados cos pratos preparados con frutas

O día 27 de abril a Biblioteca de Alfoz celebrou o día do libro con unhas simpáticas pizzeiras de Sarabela Teatro. Escoitamos os seus contos facendo as ledicias do público asistente.
Momentos da representación do espectáculo musical “Brinca Vai” no Auditorio Municipal do Concello de Catoira.
O artista interactuou en todo momento co público asistente, logrando un rotundo éxito na súa actuación.
O venres pola mañá a Biblioteca de San Sadurniño volveu ser escenario dunha actividade arredor dos libros como principais vehículos da cultura e do descubrimento do mundo para os nenos e nenas. A rapazada de 2º e 3º de educación primaria escoitou alí as narracións de “A orixe”. Unha exploradora -Raquel Queizás- chegou á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo, dramatizando lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.


Séguenos