Hoxe na biblioteca de Esgos o duende Dada contounos contos de animais, de nenas doutros países e tamén cantamos.
Unha tarde moi divertida para maiores e pequenos
Ola amigos. Onte pola tarde có ilustrador Santy Gutiérrez aprendimos moitas cousas novas acerca da banda deseñada cun gran maestro!!!
Gracias a Solidariedade Internacional de Galicia por esa máxica sesión de contacontos do mundo para un día tan especial para Galicia como é o día 17 de maio.
O espectáculo de maxia e son estivo moi animado pola presenza de moitos nenos e nenas que gozaron cos trucos e xogos visuais do mago xunto ao acompañamento do baixo. Os nenos participaron no espectáculo axudando ao mago.


Hoxe na biblioteca de Covelo, visitounos Marisa Irimia coa narración de contos para os máis cativos, os nenos de 1 a 3 anos da escola infantil de Covelo. Os pequenos disfrutaron coas historias e relatos de Marisa durante 45 minutos e non querían voltar para o seu cole. ¡Boa sinal!.

O xoves 21 de maio ás 18:00 h. Sherezade Bardají realizou o contacontos “Palabras confeitadas” mediante un espectáculo de xogo de luces e sombras, bonecos e pompas de xabón. Conseguiu sorprender e manter a atención dos corenta e cinco pequeniños e dos pais que os acompañaban.
A Tripulanta Rías Baixas e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimento. Nenas, nenos e maiores disfrutaron a tope dunha boa narración oral teatralizada e da expedición aos fondos marinos nos xardíns que rodean ao edificio onde se ubica a biblioteca, onde puideron observar cabaliños de mar, peixes que emitían luces para poder nadar nos fondos mariños, mantas raia… para despois comprobar cientificamente o proqué da salinidade do mar na exposición de libros sobre o mar.



O día 19 de maio realizouse na Biblioteca Pública Municipal de Oroso o obradoiro “IMOS XOGAR CON XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE”, con motivo da celebración das Letras Galegas 2015.
A actividade foi realizada pola compañía Eduvía e os nenos e nenas que participaron nela disfrutaron dos divertidos xogos que propuxeron os monitores para facer as actividades (crear un conto, ilustrar a portada dun libro inventado, definir palabras coma “chuchamel”…), formando diversos equipos, cada ún co nome dun autor ou autora das letras galegas (Rosalía de Castro, Castelao…).

A biblioteca municipal de Oroso celebrou o pasado día 18 de maio a actividade “Contos de Lobo”, programada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2015.

A actividade foi realizada por “Teatro Ghazafelhos” e consistiu en facer teatro a partir dos textos de diversos contos populares que teñen como protagonista ao lobo, como Carapuchiña Vermella.

Os asistentes disfrutaron dunha experiencia que os achegou ao mundo do teatro dunha forma divertida e algúns dos máis xóvenes puideron demostrar aos demáis as súas dotes como futuros actores e actrices.



Séguenos