Onte , 23 de abril, visitounos Pablísimo, para celebrar o dia do libro na biblioteca, co seu divertidísimo espectáculo “Contiario”.
Contounos unha morea de historias, contos con moitos finais, adiviñas, contos-canción, … e fíxonos botar unhas boas gargalladas.

O xoves 23 de abril celebramos o día do libro coa actuación de Baobab teatro e o seu caldiño de contos entre o que estaba a ra da boca grande, o rei Curro orellas de burro, o rato mentireiro etc. Fixeron a ledicia dos nenos xa que algúns participaron en algún conto como personaxe.
Para celebrar o Día Internacional do Libro acompañounos na Biblioteca de Bóveda (Lugo) o grupo de Teatro Triatreros coa contada “Comechíns” para animarnos a ler e a comer san.
Día 10 de abril de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Celebramos o Día do Libro Infantil co contacontos Érase unha vez uns zapatos… de Fátima Fernández, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Fátima presentouse e rapidamente se puxo “á faena” co seu mandil de zapateiriña remendona contadora de historias.
Así aprendemos que os zapatos FALAN! Si, falan. Por exemplo, os de Laura, dixéronnos que ela sempre pisa un zapato co outro e que nunca os limpa con crema. E como é que o sabemos?, pois porque Fátima é neta de zapateiro e aprendeu a lingua dos zapatos desde moi nena e fíxonos de tradutora.
Coñecemos a historia dos zocos dun neno que non os podía poñer para ir ó galiñeiro co seu pai (para que non se mancharan). E eles querían ir porque lles dixeran que as galiñas contaban unhas historias marabillosas. Así descobrimos como se deu por primeira vez o caso dun galo incubando un ovo e todas as peripecias que viviu ata conseguir que nacera o poliño! E vimos en vivo e en directo como o Galo Aarón foi papá!
Descobrimos sentimentos e o significado das cores para o monstro das cores, amigo de Tamara.
Rimos moito coas historias, tanto que case choramos coa risa e ó final resulta que case todos tiñamos a cor rosa (do sentimento do amor) e verde (o sentimento da calma).
Desde logo, a sesión foi espectacular e moi divertida. Agardamos tela pronto de volta con máis historias.
Co gallo da celebración do Día do Libro, na Biblioteca de O Carballiño tivo lugar a actividade “Pan e auga? Sopas!!! da compañía Xandobela. Dita actividade consta de dúas partes:
A primeira parte é unha contada baseada nas historias que narraba o avó Casiano á súa neta, narracións moi entretidas que levan un pouquichiño de retranca e moito humor. Acompañan a estas historias cantigas de base popular e tradicional, que unidas ós enredos e brincadeiras fan que o público se vaia entregando pouco a pouco ata estar completamente introducido na función.

A segunda parte é un pequeno obradoiro de cociña creativa, na que todos os asistentes quedan gratamente sorprendidos.
Na Biblioteca de Celanova celebramos o Día Internacional do Libro cunha sesión de contos a cargo de María Paz (Solidaridade Internacional de Galica), na que os nenos disfrutaron a través de relatos que fomentan a convivencia en igualdade e dentro da multiculturalidade.
Coincidindo co 500 aniversario da publicación da segunda parte de “El Quijote”, adicada ao Sétimo Conde de Lemos, o xoves 23 de abril celebramos o Día do Libro na biblioteca Poeta Lois Pereiro de Monforte. Da man de Elena Carracedo Leirós un grupo de nenos e nenas de entre 6 e 12 anos dramatizaron un episodio da obra, e despois, nun obradoiro creativo 


confeccionaron un marcapáxinas lupa .
Pasaron unha tarde moi divertida e quedaron con ganas de repetir.
O fantástico grupo de títeres Tarabelos tiña unha misión moi importante este pasado venres, pois abría para os máis cativos (e os un pouquiño máis crecidos) o festival máis grande de todos os tempos na nosa biblioteca. 
Con este tan singular e grande festival festexabamos o X Aniversario da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, e tiñamos moitas actividades e actuacións, pensadas para diferentes públicos e idades.
Tarabelos non decepcionou, senon que nos deixou moi bo sabor e moita enerxía para continuar con moitas máis actividades nesa tarde tan memorable.
No blog das bibliotecas de Redondela podedes ver máis información sobre toda a actividade.


Séguenos