O luns 5 de maio Fran Insua acompañado da súa mascota Xian estivo na Axencia de Lectura de Meaño contando contos sobre animais “a vaca Josefina”, “O caracol lento”, “Eu son o máis forte” que fixeron as ledicias dos máis pequenos e dos seus pais.
Unha fermosa actividade tivo lugar este pasado venres 2 de maio no Vicedo. A Asociación musical musicreques presentou o seu espectáculo As Aventuras de Quebranoces para unhas 70 persoas onde predominaban os nenos de primeiro ciclo de primaria. Os nenos disfrutaron coas aventuras por todo o mundo de quebranoces e coa música en directo. A actividade resultou altamente recomendable.
O duende Dada pasou pola nosa biblioteca e tróuxonos un repertorio de contos marabillosos, cos que traballamos valores como:convivencia, igualdade, respecto polo medio ambiente…50 minutos de diversión.


O día 26 de abril o contacontos “A orixe” de Raquel Queizás foi un éxito. Os nenos participaron na actividade relacionando sons e bailes cos diferentes continentes.O espacio quedou pequeno para o gran número de rapaces de diferentes edades que acudiron.

Coa acticvidade Mamá e Papá nos audiolibros. Obradoiro de gravación de audiolibros infantís”, crearonse espazos de divertimento, lectura e expresión oral e corporal. O próximo día dez de maio crearase na biblioteca un audioconto coa participación de nenos e adultos.


Para rematar coa celebración do “Día do Libro” contamos coa presenza, nas instalacións da Biblioteca Pública de Mos, de Elena Mª Carracedo a cal ofreceunos o obradoiro Marcapáxinas-lupa. Baseado na obra “O Quixote” os nen@s de 6 a 12 anos leron, actuaron e crearon un orixinal marcapáxinas.
Na Casa dos Fraga en Cambados, o pasado sábado 3 demos a benvida ao mes de maio cunha fermosa sesión de bebeteca da man da experimentada contadora de historias Charo Pita.
Grazas ao programa Ler conta moito palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un traquetriqui) deixáronse sentir na biblioteca, para que os que dormen no berce tamén puidesen gozar coas historias no colo daquelas (e daqueles) que ben os queren… e vaia se así foi!
Cubríronse o total de prazas dispoñibles e a actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!
Aventuras na cociña a cargo de Trinketrinke Teatro.
Sábado 3 de maio
“Na aldea de Lonxedetodo ónde viven os Ratos de Biblioteca, hai unha ratiña moi vella á que todos chaman Avoa Violeta. A avoa Violeta está enferma, porque a pesar de ser vella leva unha vida moi activa practica artes marciais, mergullo a pulmón libre, corre maratóns, a parte de ser, como é obvio, unha insaciable lectora. Pois ben, a avoa Violeta quedou esgotada e non se move da cama”… Deste xeito dou comezo unha entretida mañá de sábado na que a Gran Lilí Gruyére visitou a Biblioteca municipal do Grove para contarlles aos nenos e nenas como ía acadar a recuperación da ratiña anciá.

Lilí Gruyére, seguindo a máxima clásica, “que os teus alimentos sexan a túa menciña”, preparou un delicioso e saudable menú cuxos pratos eran “Ensalada de casiñas de ananiños con redución de xoaniña do bosque”, “Caldeirada de Verduras á moda de Lonxedetodo” e “Festival de postres”.


Para entreter a todos os asistentes mentres preparaba este exquisito menú, agasallounos co relato de dous fantásticos contos: “Sopa verde” de Ângela Madeira & Till Charlier e “A vasixa no fondo da lagoa” pertencente ao libro “Mil años de cuentos”.




Ao final todos os asistentes cantaron e bailaron ao ritmo da canción de Lonxedetodo e puideron sacarse fotos coa Ratiña Lilí Gruyére. Nenos e adultos pasárono en grande e aprenderon a preparar pratos riquísimos e saudables.



Séguenos