Onde viven os monstros
O 24 de outubro celebramos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia o Dia da Biblioteca e o 50 aniversario da creación da biblioteca cun contacontos da man de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, un espectáculo de luces e sombras. Despois repartimos libros a todos os asistentes e celebramos o aniversario cunha tarta.






O venres 11 de outubro tivemos na biblioteca municipal unha sesión de regueifas a cargo de Bieito Lobariñas e Pinto d’Herbón, pertencentes á Asociación Oral de Galicia. Un grupo de 45 persoas adultas disfrutaron durante un pouco máis dunha hora das súas improvisacións. Esta actividade forma parte das organizadas dentro da programación Ler Conta Moito para este ano.









Séguenos