O pasado 24 de abril celebrouse na Biblioteca de Salceda de Caselas un espectaculo de animación á lectura con títeres, maxia….onde 78 nenos e nenas de Salceda pasaron unha divertida tarde.
O luns 5 de maio Fran Insua acompañado da súa mascota Xian estivo na Axencia de Lectura de Meaño contando contos sobre animais “a vaca Josefina”, “O caracol lento”, “Eu son o máis forte” que fixeron as ledicias dos máis pequenos e dos seus pais.
Unha fermosa actividade tivo lugar este pasado venres 2 de maio no Vicedo. A Asociación musical musicreques presentou o seu espectáculo As Aventuras de Quebranoces para unhas 70 persoas onde predominaban os nenos de primeiro ciclo de primaria. Os nenos disfrutaron coas aventuras por todo o mundo de quebranoces e coa música en directo. A actividade resultou altamente recomendable.
O duende Dada pasou pola nosa biblioteca e tróuxonos un repertorio de contos marabillosos, cos que traballamos valores como:convivencia, igualdade, respecto polo medio ambiente…50 minutos de diversión.


O día 26 de abril o contacontos “A orixe” de Raquel Queizás foi un éxito. Os nenos participaron na actividade relacionando sons e bailes cos diferentes continentes.O espacio quedou pequeno para o gran número de rapaces de diferentes edades que acudiron.

Coa acticvidade Mamá e Papá nos audiolibros. Obradoiro de gravación de audiolibros infantís”, crearonse espazos de divertimento, lectura e expresión oral e corporal. O próximo día dez de maio crearase na biblioteca un audioconto coa participación de nenos e adultos.


Para rematar coa celebración do “Día do Libro” contamos coa presenza, nas instalacións da Biblioteca Pública de Mos, de Elena Mª Carracedo a cal ofreceunos o obradoiro Marcapáxinas-lupa. Baseado na obra “O Quixote” os nen@s de 6 a 12 anos leron, actuaron e crearon un orixinal marcapáxinas.
Na Casa dos Fraga en Cambados, o pasado sábado 3 demos a benvida ao mes de maio cunha fermosa sesión de bebeteca da man da experimentada contadora de historias Charo Pita.
Grazas ao programa Ler conta moito palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un traquetriqui) deixáronse sentir na biblioteca, para que os que dormen no berce tamén puidesen gozar coas historias no colo daquelas (e daqueles) que ben os queren… e vaia se así foi!
Cubríronse o total de prazas dispoñibles e a actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!


Séguenos