Disfrutando con as marabillosas historias de Chus Otero e as suas adiviñas, trabalinguas e cancións.
Os máis pequenos pasaron unha boa tarde de venres na Biblioteca con Bea Campos e os seus “Contos nas orellas”.

O 10 de Maio os rapaces que viñeron a Biblioteca de Miño a participar no taller de plastilina dirixido por Mª Noel Toledo, pasaron duas horas nas que imaxinación non deixou de funcionar e crearon verdadeiras obras de arte
Na Biblioteca Pública de Pontevedra, da man de Luis Vallecillo, crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas…

O pasado xoves 26 de setembro, Yolanda Castaño estivo na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo cos seus contos en versos para nenos e nenas. En case unha hora, os 67 rapaces que asistiron, desfrutaron e participaron con ela das historias con rima. Xunto cos rapaces tamén asistiron algúns pais e nais que non quixeron perder a ocasión de desfrutar coma nenos.
Unha cuarentena de nenos, desafiando o mal tempo, asistiron a unha sesión de contacontos na biblioteca de Caldas. O encargado das risas dos asistentes foi Fran Insua que durante unha hora fixo as delicias dos pequenos e dos maiores que os acompañaban, co seu espectáculo “Contos para despistados”.
As prazas disponibles, 40, cubriéronse un día antes da actuación, demostrando unha vez máis, que os rapaces caldenses están ansiosos de oír contos.

Tódolos xoves deste mes de setembro, na BPM de Dodro, tivo lugar este obradoiro impartido por Minia Regos, no que os rapaces e rapazas pintaron decorados, modelaron figuras de plastilina para despois darlles vida…. creando asi uns divertidos curtos de animación.
O xoves 26 de setembro pasamos unha tarde entretida e divertida, dende as 18.50 e ata ás 19.50 horas Raquel Queizás non parou de sorprender os pequenos da nosa biblioteca coa súa “Maletra”. Empezou a sacar letras e máis letras, despois contounos historias dun “Papon” que se comía o pan con mel que avoa preparara para as súas netas, máis tarde visitounos un “bicho raro” que cruzaba o río pisándolle a cabeza ós crocodilos, este bicho estaba moi triste porque pensou que estaba só no mundo pero de repente do ceo chovían ovos que empezaron a escachar, todos estes ovos eran centos e centos de bichos raros que non eran tal, senon páxaros dodo.
O final da actividade fíxose un sorteo para que os afortunados puidesen disfrutar na súa casa dos contos cos que tanto nos divertimos na biblioteca.
O pasado mércores, 25 de setembro na Biblioteca Publica Municipal “Xograr Mendiño” de Lorbé-Dexo, Oleiros (A Coruña) realizouse un obradoiro de títeres moi especial e divertido, fixemos títeres coas nosas mans, elas eran as protagonista, as pintamos creando personaxes, cada un o seu, fadas, monstros, dinosaurios, cans, etc. e despois llelos ensinamos aos nosos compañeiros e compañeiras á vez que lles contábamos a súa historia. Para rematar a sesión todos xogamos xuntos cos nosas mans convertidas en títeres.
Complementouse a actividade cunha exposición cos fondos sobre manualidades


Séguenos