Despedimos cos ratos da biblioteca o curso escolar
Na tarde do 2 de xuño veu Fuco o rato de Lonxedetodo a traer os contos preferidos dos ratos da biblioteca.
Cun feixe de contos de ratiños pequenos e outros animais pasamos unha tarde estupenda con Trinketrinke e as súas sempre boas animacións á lectura. Os nenos disfrutaron das historias tanto, que as quixeron levar despois para as súas casas.
Deste xeito tan divertido despedimos os contacontos e as actividades ata despois do verán, para repoñer forzas e voltar no outono con máis actividades na biblioteca.




O día 20 de maio celebramos as letras galegas na Biblioteca de Fene co contacontos de un clásico “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak narrado por Sherezade Bardají e que acompañou cunhas sombras chinesas.


No día do libro pasamos unha tarde divertida cos “Contos de sobremesa” de Pablísimo, cos seus contos breves cheos de elementos visuais que acompañan as historias, fixo que nenos e adultos disfrutaran dun bo feixe de narracións algunhas coñecidas e outras non tanto.













Séguenos