
Tódolos xoves deste mes de setembro, na BPM de Dodro, tivo lugar este obradoiro impartido por Minia Regos, no que os rapaces e rapazas pintaron decorados, modelaron figuras de plastilina para despois darlles vida…. creando asi uns divertidos curtos de animación.
O xoves 26 de setembro pasamos unha tarde entretida e divertida, dende as 18.50 e ata ás 19.50 horas Raquel Queizás non parou de sorprender os pequenos da nosa biblioteca coa súa “Maletra”. Empezou a sacar letras e máis letras, despois contounos historias dun “Papon” que se comía o pan con mel que avoa preparara para as súas netas, máis tarde visitounos un “bicho raro” que cruzaba o río pisándolle a cabeza ós crocodilos, este bicho estaba moi triste porque pensou que estaba só no mundo pero de repente do ceo chovían ovos que empezaron a escachar, todos estes ovos eran centos e centos de bichos raros que non eran tal, senon páxaros dodo.
O final da actividade fíxose un sorteo para que os afortunados puidesen disfrutar na súa casa dos contos cos que tanto nos divertimos na biblioteca.
O pasado mércores, 25 de setembro na Biblioteca Publica Municipal “Xograr Mendiño” de Lorbé-Dexo, Oleiros (A Coruña) realizouse un obradoiro de títeres moi especial e divertido, fixemos títeres coas nosas mans, elas eran as protagonista, as pintamos creando personaxes, cada un o seu, fadas, monstros, dinosaurios, cans, etc. e despois llelos ensinamos aos nosos compañeiros e compañeiras á vez que lles contábamos a súa historia. Para rematar a sesión todos xogamos xuntos cos nosas mans convertidas en títeres.
Complementouse a actividade cunha exposición cos fondos sobre manualidades
Nesta ocasión regresaron a biblioteca Bea Campos e David González para contarnos un montón de contos e cantarnos moitas cancións cos seus arrolos.
A sesión comezou coma sempre coa fantástica canción de Benvida de Entre Arrolos e Contiños, que xa todos coñecemos e que cantamos xuntos.
Logo contaronnos os fermosos conto das “Botas Novas” o de “Osiño”, “Pe de boca grande” e o noso favorito “Iyoke é moi pequeno”. A historia dun pequerrecho que admira a todos os animais da selva polo grande, fortes e veloces que son pero descubre que ser pequerrecho tamén ten o seu lado positivo, porque así pode acurrucarse no colo da súa nai.
Para animarnos a mañá deste sábado e deixarnos coa alegría cargada para todo o fin de semana os nosos amigos sorprendéronnos coa “Samba Lelé” e co tradicional “Ondiñas veñen” que todos cantamos moi alegres e que non deixamos de cantar durante días.
Para rematar a sesión cantaron a canción de despedida de Arrolos.
Esta tarde a Biblioteca de Cerceda estará chea de merendas, contos e de…
RATOS de Lonxedetodo. Ás 17:15 horas

O mércores, 25 de setembro visitou a nosa biblioteca de Sta Cruz un personaxe moi divertido, que chegou no seu “foguete” viaxeiro o que máis lles chamou a atención aos nenos e nenas que estaban esperando por unha chea de contos, foi o aspecto un tanto luxado da cara do noso personaxe, asi que o primeiro foi adiviñar a que se dedicaba este “Fogueteiro” : mineiro, limpador de chemineas..? pois non, polo seu sombreiro e a súa maleta adiviñamos que era un gran aventureiro, explorador de historias que nos traía baixo o seu paraugas, desde países moi remotos porque a súa misión era levarnos a un mundo onde a imaxinación e a fantasía nos fagan soñar e divertirnos. O aspecto da súa cara era só producto dos gases ocasionados polo foguete na aterraxe.
Viaxamos a Italia, á Toscana cun conto popular arxentino adaptado polo propio Fogueteiro e vivimos as aventuras do Neno mosquito.
Aistiron 38 nenos e nenas e 23 pais e nais.
Resultou ser unha actividade bastante interesante.

O martes 24 de setembro ás 18:30 na Biblioteca de Montrove houbo “Contos para todos” a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións) , que tivo una gran acollida por parte de todo o público asistente, sobre todo do público infantil que participou moi activamente na sesión e quedou engallolado coas historias narradas por Manuel Solla que alternou con pequenos trucos de maxia.
Foron 50 minutos de entretemento e ledicia para todos os nenos e nenas presentes.
A actividade durou 1 hora, dende as 18.50 ás 19.50. Chrystyan Magic chegou 50 minutos antes do comezo da actividade coa finalidade de ter todo a punto a hora do comezo.
Os cativos disfutaron moito co desenvolvemento das diferentes historias contadas polo mago. Colaboraron con él cando requeriu a súa axuda. Gustou moito tanto ós pais como os cativos.

Iniciamos a segunda tempada de Contacontos con Raquel Queizás e as súas “historias da maleta” o día 24 de setembro ás 18.50. Todas son fermosas e introducidas por música. Durante unha hora logrou manter o interese tanto do público infantil (nenas e nenos de 4 a 11 anos) como dos adultos acompañantes.
Rematou a actividade cun baile moi divertido, co que os nosos usuarios quedaron encantados.


Séguenos