

Actividade de dinamización, con música, teatro e danza. Narración oral. Títeres, conta-contos, maxia, animación, clown, música en directo.
Actividade desenvolta no marco da programación da celebración do Día do Libro.
Os Contos de Pablísimo trouxo a nosa biblioteca, o venres 3 de maio ás 18 horas, a sesión de contacontos Contos de Sobremesa.
Actividade na que o escritor Xosé Carlos Caneiro foi recitando os seus poemas de amor acompañado polo son dos acordes dunha guitarra.
O escritor deu unha clase maxistral de cómo recitar poesía. Os asistente poideron facer preguntas, e o remate firmou libros.
O dia 28 de maio, máis de 200 nen@s, do Colexio Público de Maceda, de entre 3 e 12 anos, participaron e disfrutaron cos contos tradicionais, acompañados con cancións, música e sons de Migallas Teatro.
Este sábado Bea Campos e David, de Migallas Teatro, fixéronnos pasar unha mañá do máis divertida e aventureira na biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Antes de comezar a sesión os nosos amigos agasalláronnos coas flores de San Xoán, amosáronnos como se chaman e como cheiran.
A continuación como noutras ocasións, cantamos a canción de Benvida dos Arrolos, que xa todos coñecemos. Logo nos contaron e cantaron a historia de Chispas o neno, que quería ser maior, e os seus amigos os animais de peluche; este conto como nos dixo Bea, aumenta o diminúe dependendo dos bonecos que un ten na casa.
E como os nenos que veñen a biblioteca son uns nenos moi valentes fomos tras unha nova aventura…fomos cazar un oso! Pero non un oso calquera senón un oso terrible e perigoso. Toda unha aventura que nos narra o humorista e escritor Michael Rosen no seu álbum “Imos cazar un oso” e que interpretaron Bea e David fantasticamente.
Continuamos a nosa aventura co conto do neno que non facía caso ao seu pai e metía o dedo no seu nariz e no de todos os animais que atopaba no seu camiño.
Rematamos a sesión coa canción de Despedida de Arrolos e cun agasallo moi especial…A canción de San Xoán para que todos a cantemos na noite máis máxica do ano.
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: Sábado 21 de setembro ás 12.00h

Dentro das actividades programadas con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o día 6 de maio puidemos disfrutar desta particular versión de Alicia no País das Marabillas por Títeres Cachirulo.
É un espectáculo entretido e divertido para o público de todas as idades, xa que se desenvólvese con fluidez e mantén a capacidade de sorprender ao longo da obra.
Mira como cho conto na Bibliteca Pública María Baña (Cabana de Bergantiños)

O 24 de abril a contadora Carmen Domech viaxou ata a Biblioteca coa súa maleta de libros tolos para facer desfrutar a nenas e nenos con contos divertidos, intrépidos, deliciosos e escalofriantes.


Séguenos